miniatura|240px|Meleagris ocellata. miniatura|240px|Reconstrución de Meleagris californica.
A dos meleagridinos (Meleagridinae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes e familia dos fasiánidos, que inclúe os pavos e algunhas especies fósiles estreitramente relacionadas.
A inclusión desta sufamilia dentro dos fasiánidos foi recoñecida recentemente baseándose en estudos filoxenéticos moleculares que demostraron a súa relación cos tetraoninos.Rebecca T. & Braun, Edward L. (2014): "Does more sequence data improve estimates of galliform phylogeny? Analyses of a rapid radiation using a complete data matrix". PeerJ. 2: e361.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1840 polo farmacéutico e zoólogo inglés, especializado en ornitoloxía, George Robert Gray (irmán máis novo do famoso John Edward Gray), baixo o nome de Meleagridoidea.Family Meleagrididae Gray, 1840 no Taxonomicon.
Etimoloxía Subfamilia O nome Meleagridinae está formado sobre a raíz Meleagri-, do seu xénero tipo, Meleagris, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais, coa inclusión dun d epentético entre amnbos os elemantos para facilitar a pronuncia.
Xénero En canto ao xénero, está tirado do grego antigo μελεαγρίς meleagrís, 'galiña de Guinea'.Meleagris no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
Xéneros e especies Ana actualidade só se coñece un único xénero na subfamilia, con dúas especies actualmente viventes:Meleagris Linnaeus, 1758 no ITIS.
Xénero Meleagris Linnaeus, 1758 Meleagris gallopavo Linnaeus, 1758 - pavo doméstico Meleagris ocellata Cuvier, 1820 - pavo ocelado Meleagris californica † (Miller, 1909)Nota: especie extinta no plistoceno tardío ou no holoceno temperán.California Department of Fish and Game. Wild Turkey Guide 2005 . Meleagris crassipes † Cope, Marsh, Shufeldt & WetmoreNota: especie extinta no plistoceno tardío. Xénero Proagriocharis † Martin & Tate, 1970 Proagriocharis kimballensis † Martin & Tate, 1970Nota: especie extinta entre o mioceno tardío e o plioceno temperán.Larry D. Martin & James Tate, Jr. (1970): "A new turkey from the Pliocene of Nebraska". The Wilson Bulletin 82 (2): 214–218. Xénero Rhegminornis † Wetmore, 1943 Rhegminornis calobates † Wetmore, 1943Nota: especie extinta no mioceno tardío.Storrs L. Olson; John Farrand, Jr. (1974). "Rhegminornis restudies: a tiny Miocene turkey"Rhegminornis calobates Wetmore, 1943 † en BioLib.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7. Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
Outros artigos Galiformes Fasiánidos
Categoría:Fasiánidos