O voo 433 de KLM Cityhopper era un voo regular entre Ámsterdam, Países Baixos, e Cardiff, Gales. O día 4 de abril de 1994 o Saab 340B, con rexistro PH-KSH, que operaba a ruta, esnafrouse durante unha aterraxe de emerxencia.

Avión O aparello implicado era un Saab 340, con rexistro PH-KSH, que voara por vez primeira en 1990. Estaba equipado con dous motores General Electric CT7. O avión fixera unha aparición no especial de Nadal de 1993 "Sea Fever", da sitcom británica Keeping Up Appearances.

Accidente O avión engalou de Ámsterdam at 12:19 pm. 11 minutos despois, á 12:30 pm, a tripulación creu erroneamente que o motor 2 tiña baixa presión de aceite debido a unha luz de aviso defectuosa. O capitán atrasou a panca de potencia do motor 2 lentamente para poñela ao ralentí, e a tripulación solicitou regresar ao aeroporto de Ámsterdam-Schiphol. Na aproximación final, a unha altura de 90 pés, o capitán decidiu realizar un go-around e puxo a potencia ao máximo. Porén, só puxo a potencia ao máximo no motor 1, deixando o outro ao ralentí. Debido a iso o avión virou cara á dereita, inclinouse, entrou en perda e chocou contra o chan cunha inclinación duns 80 graos.

Das 24 persoas a bordo do aparello tres morreron, incluído o capitán. Nove persoas resultaron feridas de gravidade.

Notas

KLM Cityhopper 0433 KLM Cityhopper KLM Cityhopper