O voo 2303 de China Northwest Airlines era un servizo regular dende Xi'an ata Guangzhou. O día 6 de xuño de 1994 o Tupolev Tu-154M, con rexistro B-2610, que operaba a ruta rompeuse no aire e esnafrouse despois de engalar do aeroporto de Xi'an-Xianyang, matando as 160 persoas a bordo. Os restos caeron na parte sueste do aeroporto, espallándose nuns 29 quilómetros de terras de cultivo. Trátase do accidente de aviación con máis vítimas mortais ocorrido na China continental.

Notas

China Northwest Airlines Categoría:Accidentes e incidentes de China Northwest Airlines Categoría:Accidentes e incidentes de Tupolev Tu-154 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1994