Braulio González Pasantino, coñecido como Zapatero, nado en Santiago de Compostela cara a 1902 e finado en Cans (O Porriño) o 19 de setembro de 1936, foi un fotógrafo e político galego.

Traxectoria Fillo do gaiteiro compostelán Antonio González Silva. Zapateiro de profesión. Residente en Redondela. Comunista e afiliado á Casa do Pobo de Redondela. Dedicábase á fotografía, percorrendo vilas e parroquias da contorna. Nas eleccións de febreiro de 1936, logo de que un grupo de falanxistas quixesen romper as urnas e por iso seren detidos, Braulio tirou fotografías dos membros do grupo. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, integróuse no comité da Fronte Popular e participou na requisa de armas nas parroquias de Saxamonde e Quintela. Logo fuxiu ao monte e estivo refuxiado nun palleiro en Vilavella e no faiado da súa casa. Foi detido e torturado. Barbaramente mutilado, foi asasinado na parroquia de Cans, camiño de Ponteareas.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fotógrafos de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos