Buenaventura Aparicio Casado, nado en Peñafiel, Valladolid, o 14 de xullo de 1946 é un profesor, antropólogo e escritor galego.
Traxectoria
Aos seis anos xa veu para Pontevedra, onde estudou. Exerceu moitos anos de mestre e logo de Profesor de Historia no IES Chan do Monte de Marín e tamén profesor-tutor na UNED en Pontevedra. As súas investigacións centráronse na arte rupestre e na antropoloxía cultural, estudando a tradición oral, a relixiosidade popular e os aspectos simbólicos da arte rupestre. Fundou e coordinou o grupo de investigación A Laxe da Irena e foi membro do Consello asesor de patrimonio do Concello de Pontevedra. Ten participado en numerosos congresos nacionais e internacionais de Arqueoloxía e Antropoloxía Cultural. Doutor en Historia, a súa tese titulouse El folklore en los yacimientos arqueológicos de Galicia, foi dirixida por Xosé Carlos Bermejo Barrera e lida na UNED en 1997.
Publicacións
En lingua galega
A tradición oral en Poio (1992). Deputación de Pontevedra. 184 páxs. ISBN 978-84-86845-90-2. Guía de petróglifos de Galicia (2011) con Antonio de la Peña Santos. Ed. do Cumio. 240 páxs. ISBN 978-84-8289-375-4. Símbolos sen memoria. Arte rupestre en Pontecaldelas (2011). Deputación de Pontevedra. 178 páxs. ISBN 978-84-8457-363-0. O tempo dos avós. Mitos e lendas da Terra de Montes (2011). Concello de Forcarei. 50 páxs. Arte rupestre en Galicia (2013) con Antonio de la Peña Santos e Fernando Carrera Ramírez. Ed. do Cumio. 256 páxs. ISBN 978-84-8289-466-9. A sociedade campesiña na mitoloxía popular galega (2013). Servizo de Publicacións da USC. 155 páxs. ISBN 978-84-9750-122-4. 2023: 2ª ed. revisada. A pedra do cervo (2015). Ilustracións de Pilar Castro Caamaño. Ed. do Cumio. 48 páxs. ISBN 978-84-8289-514-7. É un conto infantil. Segredos ao descuberto. Pegadas de canteiros e de buscadores de tesouros nos petróglifos galegos (2017) con Antonio de la Peña Santos. Sacauntos. 148 páxs. ISBN 978-84-16121-80-9. miniatura|Na presentación de O anticonto da pedra do cervo no Ateneo Santa Cecila de Marín (25/01/2019) con Lois González Dopazo, Rafael Quintía e Valentín G. Bóveda (neto de Alexandre Bóveda)O anticonto da Pedra do Cervo. O que a fada e o cervo calaron por ser politicamente incorrecto (2018). Ab Origine. 154 páxs. ISBN 978-84-947844-1-5. Etram e Ailux na Terra dos Mortos (2019). Pontevedra: Ab Origine Edicións. Ilustracións de Pilar Castro Caamaño. 56 páxs. ISBN 978-84-947844-5-3. A árbore dos namorados (2023). Pontevedra: Ab Origine Edicions. ISBN 978-84-125410-4-5. Novela.
En lingua castelá
Arqueología y antropología cultural... de la ría de Pontevedra (1989). Deputación de Pontevedra. 242 páxs. ISBN 978-84-86845-33-9. Mouras, serpientes, tesoros y otros encantos. Mitología popular gallega (2004). Cadernos do Seminario de Sargadelos. Ediciós do Castro. 404 páxs. ISBN 978-84-7492-910-2. Lanceata. Entre la vida y la muerte. Entre la tierra y el mar (2014) con Antonio de la Peña Santos e Rafael M. Rodríguez Martínez. Ed. do Cumio. 112 páxs. ISBN 978-84-8289-482-9. Pontecaldelas hace cien años: crónica política, social y festiva de un tiempo apasionante (2015). Deputación de Pontevedra. 165 páxs. ISBN 9788484574392. Lo que no vimos en los petroglifos galaicos. Nuevas lecturas desde la perspectiva antropológica y etnográfica (2021). Ab Origine.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
20x20pxEcos do castro Os antropólogos Buenaventura Aparicio. Concello de Pontevedra (2014) 20x20pxSegredos ao descuberto. Pegadas de canteiros e de buscadores de tesouros nos petróglifos galegos, escrito en colaboración con Antonio de la Peña (presentación).
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua galega