miniatura|Leptón de bronce de Herodes o Grande, cuñado en Xerusalén o século I a. de C. Leptón, plural lepta (en grego antigo: λεπτόν, pl. λεπτά) é a denominación dada a diversas moedas fraccionarias da Antiga Grecia e da Grecia Moderna, que se mantén como denominación fracción centesimal do euro."Leptón (2) ". En Digalego.com.É frecuente ver esta palabra con acentuación aguda ou grave. Tanto o DRAG como o Portal das palabras recollen esta entrada como aguda; malia se referir a outra acepción (partícula física), asumimos ese mesmo criterio, ao ser o mesmo o étimo da palabra."Lepton". En Online Etymology Dictionary."Lepton". En Mateu y Llopis, F. (1946)."Lepton". En Amandry (2001).
O seu símbolo de moeda non oficial (xa que non é unha unidade principal) é Λ (lambda).
Historia
Na Antiga Grecia miniatura|Leptón de bronce do século I a. de C. emitido por Alexandre Xaneo A palabra tiña o significado xeral de "pequeno" ou "fino" e, durante os períodos clásico e helenístico, o leptón sempre foi unha moeda de escaso valor, xeralmente a fracción máis pequena das existentes dunha unidade superior (equivalente á sétima parte dun calco ou a medio cuadrante romano).Equivalencia entre o leptón e o quadrans."Lepton (2)". íAlfaro Asins, C. et al. (2009)"La moneda de bronce en el Mediterráneo clásico". En Numismática Clásica. 2016. "Lepton: esta denominación ofrece dudas sobre sus equivalencias, pero se cita como 1/7 de calco".
A moeda que se menciona na pasaxe da "Ofrenda da viúva" dos Evanxeos sinópticos (Marcos 12:41-44 e Lucas 21:1-4) como "mite" ou pequena moeda de cobre é realmente o leptón."Lepton". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com.Marcos 12:41-44 e Lucas 21:1-4. As diferentes tradicións idiomáticas falan desas dúas pequenas moedas de cobre con denominacións diferentes: versión en galego; versión en inglés; versión en castelán; versión en portugués; versión en francés. Novamente aparece esta moeda no Evanxeo de Lucas cando se afirma que á persoa que non faga as paces a tempo co seu adversario se lle pedirá "ata o derradeiro leptón" para ser liberado da cadea.Lucas 12:59. As diferentes tradicións idiomáticas falan desas dúas pequenas moedas de cobre con denominacións diferentes: versión en galego; versión en inglés; versión en castelán; versión en francés.
No reino dos asmoneos o leptón foi cuñado por vez primeira por Alexandre Xaneo no século I a. de C.miniatura|Leptón da Grecia moderna cuñado en 1869 a nome de Xurxo I Na Grecia moderna Na Grecia moderna, o leptón (en grego moderno: λεπτό) foi a moeda fraccionaria equivalente á centésima parte de todas as súas unidades monetarias: o fénix (1827-1832), o dracma (1832-2001) e o euro (a partir de 2002)."λεπτό & λεφτό". En Dictionary of Standard Modern Greek."Lepton (1)". Alfaro Asins, C. et al. (2009)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Grecia
Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry. Dictionnaire de Numismatique. Larousse. París. 2001. ISBN 978-2035050762 Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820 Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946. Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Greek Coins. Londres, 1986. ISBN 978-0900652813
Ligazóns externas
Informacións técnicas sobre os lepta modernos
Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas de Grecia Categoría:Moedas divisionarias Categoría:Moedas na Biblia Categoría:Euro