O Arlanza é un río de España, afluente do río Pisuerga, que discorre polas provincias de Burgos e Palencia. Ten unha lonxitude de 160 km.

Nace na serra de Neila, preto de Quintanar de la Sierra, nunha paraxe coñecida como Fuente Sanza. Desemboca no Pisuerga pouco antes da localidade palentina de Torquemada.

Categoría:Afluentes do Pisuerga Categoría:Ríos de Castela e León