miniatura|Selo soviético de Andrei Zhdanov.
A doutrina Zhdanov (en ) foi unha doutrina cultural soviética desenvolvida polo secretario do Comité Central Andrei Zhdanov en 1946. A doutrina propoñía unha división do mundo en dous campos: as forzas imperialistas, dirixidas polos Estados Unidos, e as democráticas, lideradas pola Unión Soviética.Green and Karolides (2005), 668. O principio fundamental da doutrina Zhdanov foi a miúdo resumida na frase "O único conflito que é posible na cultura soviética é o conflito entre o bo e o mellor". O zhdanovismo axiña se converteu nunha política cultural soviética, o que significou que artistas, escritores e intelectuais tiveron que adaptarse á liña do partido nas súas obras creativas. Baixo esta política, os artistas que non cumprisen cos desexos do goberno arriscábanse á persecución. A política permeneceu activa até a morte de Iosif Stalin en 1953.Taruskin (2010), 12.
A declaración Contexto Será despois da conferencia de Szklarska Poręba, Polonia, na que se funda a Kominform, cando Andrei Zhdanov presente o seu informe o 22 de setembro de 1947. Este é publicado o 5 de outubro do mesmo ano, no xornal comunista francés L'Humanité. O obxectivo básico do citado informe será definir a nova orientación política soviética de cara ao campo occidental, en resposta á Doutrina Truman.
Contido (extractos) Canto máis nos afastamos do final da guerra, máis claramente aparecen as dúas principais direccións da política internacional de posguerra, correspondentes á disposición en dous campos principais das forzas políticas que operan na area mundial: o campo imperialista e antidemocrático e o campo antiimperialista e democrático. As forzas antiimperialistas e antifascistas forman o outro campo. A URSS e os países de nova democracia son os seus cimentos
Análise e consecuencias Zhdanov propón unha análise maniqueo que ía ser característico da problemática da Guerra Fría que comeza a anunciarse por eses anos. Contra a guerra e o imperialismo americano, facía falta, segundo Zhdanov, mobilizar todas as forzas. Non había xa que colaborar cos burgueses e os socialdemócratas, considerados de agora en diante como aliados obxectivos do imperialismo. Os partidos comunistas occidentais, con importantes apoios sociais sobre todo en Francia e en Italia, foron criticados pola súa participación nos seus respectivos gobernos e víronse obrigados a endurecer a súa liña política.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Doutrina Truman Guerra fría Kominform Bibliografía Braudel, Fernand, 1993. A History of Civilizations, translated by Richard Mayne. Nova York: A. Lane, 1993. . Reprinted Nova York: Penguin Books, 1994. ; (pbk). Green, Jonathan, and Nicholas J. Karolides. 2005. The Encyclopedia of Censorship, rev. ed. Nova York: Facts On File. . Taruskin, Richard, 2010. Music in the Late Twentieth Century. Oxford: Oxford University Press. .
Categoría:Guerra Fría