Petteri Johannes Koponen, nado o 13 de abril de 1988 en Helsinqui, é un xogador profesional de baloncesto finlandés que xoga para o Helsinki Seagulls finlandés. Cunha estatura de 1,94 metros xoga nas posicións de base e escolta.

Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2007, Koponen foi elixido na 30ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Philadelphia 76ers. Foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio da 42ª elección, Derrick Byars. O 23 de xuño de 2011, os dereitos de Koponen foron traspasados ós Dallas Mavericks a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2011.

O 16 de agosto de 2016, Koponen asinou un contrato de tres anos co FC Barcelona da Liga ACB. O 29 de xuño de 2018, Koponen e o Barcelona decidiron rematar o contrato que os unía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Xogadores de baloncesto de Finlandia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do Pallacanestro Reggiana