John Constantine Unitas (/juːˈnaɪtəs/), nado o 7 de maio de 1933 en Pittsburgh (Pensilvania) e finado o 11 de setembro de 2002, foi un xogador profesional de fútbol americano, que competiu como quarterback na National Football League (NFL), principalmente para os Baltimore Colts. Elixido no Draft da NFL polos Pittsburgh Steelers en 1955, cos que non chegou a debutar, tamén xogou para os San Diego Chargers (1973). Os seus alcumes eran "Johnny U" e "The Golden Arm" (do inglés O brazo de ouro). Unitas foi tres veces MVP da NFL, e durante 52 anos mantivo o récord de partidos consecutivos cun pase para touchdown (1956−1960), sendo este fito superado por Drew Brees en 2012. Considerado un dos mellores xogadores da historia da NFL, está considerado como o prototipo dos actuais quarterbacks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Johnny Unitas no Salón da Fama da NFL
Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Xogadores dos Pittsburgh Steelers Categoría:Xogadores dos Baltimore Colts Categoría:Xogadores dos San Diego Chargers