Moeda visigoda a nome de Suintila300x300px Busto real de fronte; +SVINTHILAREX. Busto real de fronte; +EMIRITAPIVS.AV Tremissis. 1,47 g. Ceca de Emerita (Mérida).

A moeda visigoda abrangue as cuñaxes levadas a cabo polos visigodos na Galia e en Hispania durante os inicios da Idade Media, entre o século V e o ano 710 aproximadamente.Pliego Vázquez, R. (2009).

As moedas principais destas series eran o sólido e o tremissis (ou triente), dúas moedas de ouro emitidas xa na época imperial tardía e, posteriormente, cuñadas tamén polos emperadores bizantinos en moi diversas cecas."Sólido (1)" e "tremís". En Alfaro Asins (2009).

A cuñaxe de moeda visigoda comezou na Galia, onde este pobo se instalou a comezos do século V, e logo pasou a Hispania a partir do inicio do século VI, onde o centro de gravidade do reino visigodo mudou, logo da toma da maior parte de dominios góticos na Galia por parte dos francos.

As primeiras desas moedas, comunmente chamadas pseudoimperiais, eran imitacións das emitidas polos romanos occidentais e posteriormente polos bizantinos, que repetían mesmo as lendas orixinais. Foi a partir de 580 cando se iniciaron as auténticas moedas autónomas, que xa incorporaban os nomes dos reis visigodos. Estas emisións concluíron na segunda década do século VIII, coa conquista musulmá da Península Ibérica que acabou co reinado visigodo.Vico, J.; Cores, M. C. (2008)

miniatura|290px|O reino dos visigodos en tempos de Alarico II (484-507)

Contexto histórico

Na historia dos visigodos divídense adoito tres grandes períodos:

Imitación dunha moeda de Honorio300x300pxDN HONORI-VS [PF] AVG, busto toucado como tiara de perlas, e con manto e coiraza, á dereita.VICTOR [I-] A AVGGG, Roma sedente á esquerda con armadura, sostendo a Vitoria nun globo coa dereita e unha espada coa esquerda.AR siliqua. 1,37 g. Cuñada na Galia cara a 415.

Un período "migratorio" (salpicado de episodios violentos), que comezou en 376 e terminou co establecemento deste pobo no suroeste da Galia en 418. Unha etapa "gala", que remata en 507 coa batalla de Vogladum, cando Clodoveo I, rei dos francos, conquistou case toda a Galia visigoda. Un período "hispánico", entre 507 e 714, ata a conquista islámica da Península Ibérica.

Os visigodos entraron nos territorios do Imperio Romano nos anos setenta do século IV e sufriron un profundo proceso de romanización. En 418 o emperador Honorio concedeu aos visigodos o status de foederati e asignoulles o territorio da Aquitania (gala central-meridional). Este foi o primeiro núcleo do reinado romano-bárbaro dos visigodos, que no transcurso do século V se estendía alén dos Pireneos e incluía unha parte significativa da Hispania romana.González García, A. (2012). "La imperialización de los reinos romano-germánicos: los casos visigodo y vándalo". En Antesteria. 1. ISSN 2254-1683 Na primeira metade do século VII, logo da caída do Reino Suevo (cara a 585 ) e do abandono definitivo do Levante hispánico polos bizantinos, os reis visigodos ampliaron a súa soberanía sobre case toda a Península Ibérica e mantivérona ata a invasión islámica, que comezou en 711.Orlandis, J. (2003).

No estudo das emisións de moeda por parte dos visigodos utilízase, porén, unha periodización diferente. Malia non se teren identificado moedas vinculadas ao primeiro período ("migratorio"), no segundo período ("galo") produciuse, no entanto, unha grande serie de imitacións imperiais. E o seguinte período pódese dividir en dúas fases, a primeira delas caracterizada pola continuación das emisións que imitaban as moedas imperiais e unha segunda en que as moedas foron xa emitidas directamente a nome dos reis visigodos.Grierson, Ph.; Blackburn, M. (2007). Páxina 39.

Cuñaxes da Galia Imitación dunha moeda de Honorio300x300pxDN HONORI-VS P F AVG; busto diademado e con coiraza á dereita.VICTORIA AVGVSTORVM ; Vitoria en pé cun globo; CONOB no exergo.AV tremissis. 1,44 g. Cuñado nunha ceca incerta.

Imitación dunha moeda de Valentiniano III300x300pxDN PLA VALENTINIANVS PG; busto diademado á dereita.COMOB;, cruz rodeada por unha coroa de loureiro.AV tremissis. 1,44 g. Cuñado ca. 471-507. Catalogación: MEC 171

Imitación dunha moeda de Libio Severo300x300pxDN HBIVS SEVE-RVS PF AVG, busto á dereita. O emperador de pé, pisando unha serpe androcéfala, con cruz longa e Vitoria: RA // COMOB.AV Sólido. 4,38 g. Cuñado cara a 461-466. Catalogación: MEC 175

A Galia centro-meridional foi o corazón do Reino Visigodo de 418 a 507. As cuñaxes de imitación imperial dos visigodos nesa rexión, comunmente coñecidas como emisións do "Reino de Tolosa", consisten exclusivamente en sólidos e tremissis, que eran, pola súa vez, as moedas utilizadas naquela época no Imperio Romano; delas imitaban non só os modelos senón tamén os bustos, as lendas e os atributos imperiais. Ao careceren estas moedas de letras, monogramas e outros signos de identificación da súa autoridade emisora, a súa atribución faise con base nos seus achados, o que fai que mesmo a súa datación non poida ser máis que aproximada.Grierson, Ph.; Blackburn, M. (2007). Páxinas 44-46.

As cecas O obradoiro monetario principal debeu estar situado en Tolosa, no sur da Galia, que era a capital do reino. Suponse que, polo menos durante un curto período, tamén debeu haber cecas en Narbona, onde en 414 Ataúlfo casou con Galla Placidia, irmá do emperador romano Honorio. Esta hipótese, reportada por Grierson, está baseada nun sólido (agora perdido pero do que se conserva unha reprodución do século XVIII), cuñado a nome de Priscus Attalus, un usurpador apoiado por Ataúlfo, no que hai unha marca de ceca NB que podería indicar Narbona. Tamén se fai mención dunha ceca en Narbona nun poema de Sidonio Apolinar (carme XXIII) de 460, pero nesa data a cidade estaba baixo o control imperial e non se coñecen moedas imperiais desta ceca. Segundo Grierson, podería tratarse simplemente dunha licenza poética.Grierson, Ph.; Blackburn, M. (2007). Páxina 44.Grégoire, J.; Collombert, F. Oueuvres de C. Sollius Apollinaris Sidonius. Tomo III. 1836. Carmen XXIII "Narbone". Páxina 282. "Salve, Narbo, potens salubritate / Urbe et rure simul bonus videri, / Muris, Civibus, ambitu, tabernis, / Portis, porticibus, foro, theatro, / Delubris, Capitoliis, monetis, [...]Kent, John (1974). Páxina 24.

A ceca de Narbona debeu existir con moita probabilidade durante o reinado de Leovixildo, pero seguramente estaría xa activa desde 507, cando a cidade se converteu por algún tempo na capital dos visigodos.

Se estas primeiras emisións dos visigodos na Galia foron, xa que logo, de imitación romana e continuaron imitando os emperadores occidentais ata preto de 481, máis tarde, a partir dunha data posterior a 509, pasaron a imitar tamén as do Imperio Romano de Oriente, comezando coas de Anastasio I.

Imitacións de Honorio

As primeiras moedas de ouro cuñadas polos visigodos, batidas nas décadas de 420 a 440, imitan as imperiais emitidas na casa da moeda de Rávena a nome do emperador Honorio (393-423). O tipo predominante leva no anverso a lenda DN HONORI - VS PF AVG e o busto do emperador con tiara e coiraza, en tanto que no reverso aparece a lenda VICTORI - A AVGGG e unha representación do emperador en pé sostendo o lábaro coa man á dereita e un globo sobre o que se representa a Vitoria na esquerda; o pé esquerdo descansa adoito sobre un prisioneiro que está no chan. Aos lados do emperador, as letras R-V actúan como marca da ceca de Rávena, e o tradicional COMOB aparece no exergo.borda|80x80px O orixinal de Honorio.

As moedas visigodas de imitación distínguense polo estilo (o deseño é máis cru, nos personaxes menores a cabeza é esaxeradamente grande en comparación co corpo etc.) e polas letras: en particular as barras verticais do "G" son curtas, en tanto que nos orixinais eran particularmente longas. Grierson, Ph.; Blackburn, M. (2007). Páxina 44.

Imitacións de Valentiniano III

A partir dos anos 450 as moedas imitadas foron as de Valentiniano III (425-455), a cuxo nome se coñece un sólido e dous tremissis, e as de Libio Severo (461-465).

O sólido (MEC 167-169 –Medieval European Coinage–) imita unha moeda de igual valor dese emperador (RIC X 2011 –Roman Imperial Coinage–; Cohen VIII 212.19). No anverso amosa o busto imperial á dereita, cun diadema, un manto e unha coiraza; no reverso o emperador está en pé, pisando unha serpe cunha cabeza humana. Na súa man dereita ten unha cruz longa e na súa esquerda un globo sobre o que está representada a Vitoria.borda|80x80px O orixinal de Valentiniano. borda|80x80px Copia bárbara imitación da de Valentiniano. A imaxe do emperador co pé sobre a serpe é introducida na iconografía imperial por primeira vez por Valentiniano III; na iconografía cristiá, a serpe é unha das imaxes que simbolizan o diaño.

O primeiro dos tremissis (MEC 171-172) amosa no reverso unha cruz rodeada por unha coroa de loureiro e imita un tremissis cuñado en varias cecas (Cohen VIII 216, 49), en tanto que o segundo (MEC 173) imita un sólido (Cohen VIII 212.17) en cuxo reverso se representa unha vitoria de pé de fronte, e cunha cruz longa e cunha estrela no campo do anverso.borda|80x80px O sólido de Valentiniano.

Imitacións de Severo III

As moedas a nome de Severo III (461-465) son varios sólidos que imitan unha moeda análoga á deste emperador (Cohen VIII, 227.8). O tipo é o mesmo que o dos sólidos a nome de Valentiniano, co emperador esmagando a serpe androcéfala.borda|80x80px O sólido de Libio Severo.

Cuñaxes de Hispania esquerda|miniatura|290px| O reino visigodo en aproximadamente 560, logo da perda da maior parte dos territorios galos.

En 507 tivo lugar a batalla de Vogladum entre os francos liderados polo rei Clodoveo I e os visigodos encabezados por Alarico II. Este último morreu na batalla e o exército visigodo sufriu unha dura derrota, que lle franqueou a Clodoveo a ruta cara a Tolosa, capital do Reino Visigodo e do territorio abranguido entre os actuais Poitou e Berry, no norte, e a Gascuña ao mediodía). Das súas posesións galas, os visigodos lograron defender só a Septimania, unha rexión situada entre a desembocadura do Ródano e os Pireneos.

Imitación dunha moeda de Anastasio300x300px Busto con diadema de perlas. VCT [O] RΛI A VAICVSTOIΛ, Vitoria andando á dereita, con palma e coroa; COHOB en exergo.AV Tremissis. 1,47 g

O centro de gravidade do estado mudou entón, naqueles anos, primeiro á antiga Tarraconense, entón na parte central da Península Ibérica, onde o seu reino prosperou ata a invasión islámica do 711.

Moeda pseudoimperial (509-580)

As emisións deste período consisten en sólidos e tremissis de ouro, aínda que se coñece unha moeda de cobre historicamente considerada como parte destas series que amosa o monograma AMR, o que a asocia cun tremissis no que aparece o mesmo monograma. Anteriormente estas moedas (MEC 341) foran asignadas a Amalarico (510-531), pero os estudos máis actuais atribúenas ao rei borgoñón Gundemaro (524-534).Grierson, Ph.; Blackburn, M. (2007). Páxinas 46-49.Grierson, Ph.; Blackburn, M. (2007). Páxina 76.

Imitación dunha moeda de Xustiniano300x300px CN IVSTIИIINVS IPVC, busto á dereita. VICTOΛ VIΛ IIVSTOVI, Vitoria; COИOB.AV Tremissis. 15 mm. 1,42 g. Ceca de Narbona ou Barcelona. Ca. 527-565.

Os sólidos cuñados neste período levan os nomes dos emperadores bizantinos Anastasio I (491-518), Xustino I (518-527) e Xustiniano I (527-565 ). Aínda que a calidade das moedas é boa, diferéncianse das orixinais no seu estilo, e tamén axuda na súa identificación o feito de teren aparecido unicamente en achados na Península Ibérica.

Os tipos máis frecuentes son o da Vitoria en pé sostendo unha cruz longa coroada pola letra rho, que xa fora imitada previamente, e tamén o da Vitoria camiñando, que leva unha palma nunha man e unha coroa na outra. Reis visigodosentre 580 e 714Leovixildo, 567-586 Recaredo I, 586-601 Liuva II, 601-603 Viterico, 603-610 Gundemaro, 610-612 Sisebuto, 612-620 Recaredo II, 620-621 Suintila, 620-631