Marta Gabriela Michetti, nada en Laprida, Buenos Aires, o 28 de maio de 1965, é unha política e licenciada en relacións internacionais arxentina pertencente ó partido Proposta Republicana. O 10 de decembro de 2015 asumiu como vicepresidenta da Nación Arxentina, tras imporse xunto con Mauricio Macri nas eleccións presidenciais de 2015.

Anteriormente foi vicexefa de Goberno da Cidade de Buenos Aires até o 20 de abril de 2009, cando renunciou para presentarse como candidata a deputada nacional nas eleccións lexislativas do 28 de xuño, resultando elixida para o mandato 2009-2013. En 2013 foi elixida senadora nacional pola Cidade Autónoma de Buenos Aires e designada xefa do bloque PROL no Senado.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Vicepresidentes da Arxentina