John Amos Comenius (en ; en ; latinizado como Ioannes Amos Comenius), nado no margraviato de Moravia"Clamores Eliae" he dedicated "To my lovely mother, Moravia, one of her faithful son...". Clamores Eliae, p.69, Kastellaun/Hunsrück : A. Henn, 1977."Moravian by nation, language Bohemian, profession theologian, servant of Gospel from the year of grace 1616." It is his own identifiacion in "Opera omnia didactica" 1657, http://www.uni-mannheim.de/mateo/camenaref/comenius/comenius1/p3/jpg/s468.html o 28 de marzo de 1592 e finado en Ámsterdam o 15 de novembro de 1670,Daniel Murphy, Comenius: A Critical Reassessment of his Life and Works (1995), p. 8 and p. 43. foi un filósofo, pedagogo e teólogo checo, considerado o pai da educación moderna."John Amos Comenius." Encyclopedia of World Biography, 2nd ed. 17 Vols. Gale Research, 1998. Reproducido en Biography Resource Center. Consultado o 2 de xaneiro de 2010.Ivan Illich, Deschooling Society, 1972 Serviu como o último bispo dos irmáns checos antes de converterse nun refuxiado relixioso e un dos grandes defensores da educación universal, concepto que puxo en camiño no seu libro Didactica Magna. Como educador e teólogo, liderou escolas e aconsellou gobernantes na Europa protestante de mediados do século XVII.
Comenius introduciu unha serie de conceptos educativos e innovacións que incluían libros de textos ilustrados en linguas nativas distintas do latín, ensinanzas baseadas en desenvolvementos graduais dende o máis simple aos conceptos máis comprensivos, aprendizaxe ao longo da vida con centro no pensamento lóxico por riba da memorización, igualdade de oportunidades para os nenos empobrecidos, educación para as mulleres e instrución práctica e universal. Ademais de na súa Bohemia natal, viviu e traballou noutros países, como Suecia, a Comunidade Polaco-Lituana, Transilvania, Inglaterra, os Países Baixos e Hungría.
Traxectoria John Amos Comenius naceu en 1592 no Margraviato de Moravia na coroa bohemia."Unum necessarium" Komensky subscribed as "J.A. Comenius Moravus" (tradución ao checo) A súa localidade natal é descoñecida e entre as posibles están Uherský Brod (como indica a súa tumba en Naarden), Nivnice e Komňa, todas situadas no distrito de Uherské Hradiště na República Checa. John era o fillo máis novo de Martin Komenský (finado entre 1602 e 1604) e a súa esposa Anna Chmelová. O seu avó, de nome Jan (János) Szeges, era de orixe maxiar. Comezou a empregar o apelido Komenský tras deixar Komňa para vivir en Uherský Brod.Vyskočil, František: JAN AMOS KOMENSKÝ. Kapitoly o jeho předcich, rodičích, přibuzných a místě narození. Brno 1990. p. 66 O nome Komenský tradúcese como "o home de Komňa". Martin e Anna Komenský pertencían á irmandade morava, denominación da prerreforma protestante, e Comenius converteuse despois nun dos seus líderes.Johann Amos Comenius en The New International Encyclopædia (1905) Os seus pais e dúas das súas catro irmás morreron en 1604 e o mozo John foi vivir coa súa tía a Strážnice.
miniatura|Manuscrito máis antigo que se conserva de Comenius, datado en 1611; escrito en latín e checo Debido as súas circunstancias de empobrecemento, non puido comezar a súa educación formal ata máis adiante na súa vida. Tiña 16 anos cando entrou na escola latina de Přerov, á que volveu como profesor en 1614–1618. Continuou os seus estudos na Academia Herborn (1611–1613) e na universidade de Heidelberg (1613–1614). En 1612 leu o manifesto Rosicruciano Fama Fraternitatis. Comenius foi moi influído polo xesuíta irlandés William Bathe ademais de polos seus profesores Johann Piscator, Heinrich Gutberleth e particularmente Heinrich Alsted. A escola Herborn tiña o principio de que toda teoría tiña que ser funcional no uso práctico, ademais de ser didáctica (é dicir, instrutiva moralmente). No transcurso dos seus estudos tamén se relacionou coas reformas educativas de Ratichius e co informe desas reformas creado polas universidades de Jena e Giessen. En 1631, produciu o libro Janua linguarum reserata (A porta das linguas despechada), que o levou a un lugar destacado. Con todo, como a unidade da irmandade se converteu nun obxectivo importante da contrarreforma, foi obrigado a exiliarse a pesar da súa fama crecente en Europa.
Comenius fíxose reitor dunha escola de Přerov. En 1616 foi ordenado como ministro da irmandade morava e catro anos despois converteuse en pastor e reitor de Fulnek, unha das súas igrexas máis florecentes. Durante a súa vida, a actividade pastoral foi a súa dedicación máis inmediata. Como consecuencia das guerras de relixión, perdeu todas as súas propiedades e os seus escritos en 1621; seis anos máis tarde liderou a irmandade no exilio cando a contrarreforma dos Habsburgo perseguiu os protestantes de Bohemia.Johann Amos Comenius en The Encyclopedia Americana (1920)
Comenius refuxiouse en Leszno en Polonia, onde dirixiu o gymnasium e recibiu cargos nas igrexas bohemias e moravas. En 1628 mantivo correspondencia con Johann Valentin Andreae. En 1638 Comenius respondeu a unha petición do goberno sueco e viaxou aló para deseñar un esquema de organización das escolas do país, e en 1641, a pedimento do parlamento inglés, uniuse a unha comisión encargada da reforma do sistema de educación pública. A guerra civil inglesa interferiu co proxecto posterior, e así en 1642 volveu a Suecia a traballar coa raíña Cristina e o chanceler Axel Oxenstierna na tarefa de reorganizar as escolas suecas. O mesmo ano marchou a Elbląg (Elbing) en Polonia, e en 1648 foi a Inglaterra axudado Samuel Hartlib, orixinario de Elbląg. En 1650 Zsuzsanna Lorántffy, viúva de Xurxo I Rákóczi, príncipe de Transilvania, invitouno a Sárospatak. Comenius permaneceu alí ata 1654 como profesor na primeira universidade protestante húngara; algunhas das súas obras máis importantes foron escritas alí.
miniatura|esquerda|Retrato dun home vello, de Rembrandt, posiblemente unha imaxe de Comenius Comenius volveu a Leszno. Durante O Diluvio de 1655, declarou o seu apoio aos protestantes suecos, polo que os partisanos católicos polacos queimaron a súa casa, os seus manuscritos e a imprenta da escola en 1656. Dende Leszno refuxiouse en Ámsterdam, onde faleceu en 1670. Por motivos poucos claros foi enterrado en Naarden, onde se pode ver a súa tumba no mausoleo dedicado a el.
Despois das súas obrigas relixiosas, o segundo grande interese de Comenius foi o intento do método de Bacon para a organización de todo o coñecemento humano. Converteuse nun dos líderes do movemento pansófico ou enciclopédico do século XVII, e, de feito, inclinouse a sacrificar os seus intereses educativos máis prácticos noutros máis grandiosos pero tamén máis visionarios. En 1639, Comenius publicou Pansophiæ Prodromus, e nos seguintes anos o seu amigo inglés Hartlib editou sen o seu consentimento o plan da obra pansófica establecida por Comenius. O manuscrito de Pansophia foi destruído no incendio da súa casa en Leszno en 1657. As ideas pansóficas atoparon expresión parcial nas series de libros de textos que produciu de tempo en tempo. Nestes, intentou organizar o campo completo do coñecemento humano para levalo á comprensión de todos os nenos.
Segundo Cotton Mather, Winthrop pediu a Comenius que fose o presidente da Universidade Harvard, sendo máis plausible que fose John Winthrop o Novo que o seu pai, xa que aquel estaba en Inglaterra; en vez diso, Comenius marchou a Suecia.Johann Amos Comenius, Charles William Bardeen e Charles Hoole, The orbis pictus of John Amos Comenius. , páxina ii, citando Cotton Mather, Magnalia, vol. II, p. 14.Daniel Murphy, Comenius: A Critical Reassessment of his Life and Works (1995), p. 27. Comenius tamén tentou deseñar unha linguaxe en que non se puidesen expresar afirmacións falsas.
Comenius produciu unha nova edición dos himnos da irmandade bohemia de 1618, Kancionál, to jest kniha žalmů a písní duchovních (Ámsterdam, 1659), que contén 606 textos e 406 melodías. Ademais de revisar salmos e himnos, tamén expandiu o número destes últimos e engadiu unha nova introdución. Esta edición foi reeditada varias veces ata o século dezanove. Os seus textos en checo eran composicións cunha poética notable, mais empregou melodías doutras fontes. Tamén editou o himno alemán Kirchen-, Haus- und Hertzens-Musica (Ámsterdam, 1661), que foi publicado baixo o título Kirchengesänge dende 1566. Noutros escritos, Comenius dirixiu música instrumental e vocal en moitos lugares, aínda que non dedicou tratado ningún ao tema. Ás veces segue o concepto matemático medieval da música, mais noutros lugares ligou a música coa gramática, a retórica e a política. A práctica musical, instrumental e vocal, desempeñou un importante papel no seu sistema educativo.Jan Kouba. "Komenský, Jan Amos". In Deane L. Root. Grove Music Online. Oxford Music Online. Oxford University Press
Influencia educativa miniatura|Clase latina de Orbis Pictus A influencia máis permanente que exerceu Comenius foi no traballo educativo práctico. Poucas persoas dende a súa época tivo unha maior influencia, aínda que durante a maior parte do século XVIII e principios do XIX, houbo pouco recoñecemento da súa relación cos avances contemporáneos da educación teórica e práctica. A influencia educativa de Comenius foi tripla. Foi primeiro profesor e organizador de escolas, non só entre o seu propio pobo, senón despois en Suecia, e en parte en Holanda. Na súa Didactica Magna (Gran didáctica), desenvolveu un sistema de escolas que é homólogo ao sistema estadounidense de xardín de infancia, escola primaria, escola secundaria, college e universidade.
En segundo lugar, a influencia de Comenius chegou coa formulación da teoría xeral da educación. A este respecto, adiantouse a Rousseau, Pestalozzi, Fröbel etc., e foi o primeiro en afirmar a idea de "educación segundo a natureza" tan influente durante a última parte do século XVIII e principios do XIX. A influencia de Comenius na educación teórica é comparable á dos seus contemporáneos Bacon e Descartes na ciencia e na filosofía. De feito, foi moi influenciado polo pensamento de ambos e esta influencia é notable debido ao feito de que primeiro aplicou ou intentou aplicar de forma sistemática os principios do pensamento e da investigación, formulada por estes filósofos, á organización da educación en todos os aspectos. O resumo dos seus intentos aparece na Didactica Magna, completada arredor de 1631, aínda que non publicada ata varios anos despois.
O terceiro aspecto da súa influencia educativo foi nos métodos de ensinanza, a través dunha serie de libros de texto dunha natureza totalmente nova. O primeiro que publicou foi Janua Linguarum Reserata (A porta das linguas despechada), editado en 1631. A este seguiuno un texto máis elemental, Vestibulum, e outro máis avanzado, Atrium, entre outros. En 1658 publicouse Orbis Pictus, probablemente o máis recoñecido e o que máis circulou. Foi tamén a primeira aplicación con éxito de ilustracións para o traballo de ensinar, aínda que non foi o primeiro libro ilustrado para nenos. miniatura|Relief of Komensky in Dolany, Czech Republic
Estes textos estaban baseados todos nas mesmas ideas fundamentais: Aprendizaxe de linguas estranxeiras a través das vernáculas. Obter ideas a través de obxectos máis que de palabras. Comezar cos obxectos máis familiares aos nenos para presentarlles a nova linguaxe e o mundo máis remoto dos obxectos. Dar aos nenos un coñecemento comprensivo do seu ambiente físico e social, así como instrución de materias relixiosas, morais e clásicas. Facer esta adquisición dun compendio de coñecemento un pracer en lugar dunha tarefa. Facer a instrución universal. A importancia da influencia de Comenius na educación foi recoñecida dende mediados do século XIX. Os seus escritos educativos comprenden máis de corenta títulos.
Teoloxía miniatura|Labirinto do mundo e paraíso do corazón, de Comenius.