O termo Rela pode referirse a:

Rela, nome dos anfibios anuros da familia dos hílidos pertencentes ao xénero Hyla; Rela, un dos nomes que se aplican varias especies de diferentes grupos de insectos, especialmente ás súas larvas, que se alimentan de tecidos, madeira ou papel, segundo os casos: Tamén se denomina rela ao po que producen estes insectos despois de dixeriren a materia que roeron. Rela é tamén un dos sinónimos do insecto ortóptero máis coñecido como grilo ceboleiro; Así mesmo, rela é un dos nomes comúns do insecto coleóptero da familia dos meloidos Lytta vesicatoria, tamén chamado cantáride.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

A Relva, lugar da parroquia de Torneiros, no concello do Porriño; Relás, lugar da parroquia de San Tomé do Carballo, no concello de Taboada; A Rola, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Crecente.