Expediente Artieda é unha novela de Luís Rei Núñez publicada no ano 2000 por Edicións Xerais de Galicia, tras lograr o Premio Xerais dese ano. A novela está estruturada en 44 breves capítulos non numerados nos que un narrador omnisciente e diferentes narradores protagonistas introducen o lector nunha historia que transcorre entre os últimos días de agosto e os primeiros de setembro de 1959. Comeza co asalto frustrado dos maquis á emisora de Radio Nacional de España na Coruña e a chegada de Ricardo Artieda, un militante comunista, coa misión de matar o traidor que os denunciou. Asísteoes tamén á vida cotiá doutros personaxes ligados entre si e aos anteriores por parentesco, amizade, traballo ou ideoloxía. É unha novela coral na que se homenaxea os últimos membros da resistencia antifranquista e unha parte da cidade da Coruña en gran parte xa desaparecida. Coida ademais con esmero a lingua e o que converte esta historia en materia literaria singular non é o seu argumento, esperable, senón o seu tratamento formal.

Estrutura

Tempo Espazo Narrador Argumento Agosto. 7 da tarde.

(Día A, domingo)

Posguerra (ano 1959)Tenda de fotosBibiana Brea Bibiana, Odilo e Mungo oen chegar o expreso de Madrid mentres a moza lle fai a Mungo unhas fotos para o carné. Entra Mamede, o tranviario, e póñense a falar de fútbol. Escoitan pola radio a voz de Enrique Mariñas, que anuncia o comezo do partido de fútbol en Riazor coa presenza de Franco.

Ás 7.15 unha voz interrompe ao locutor e dá lectura a unha proclama antifascista que ao tempo é a despedida das actividades dos maquis. Un refacho de metralleta interrompe o discurso.

Entran Mateo Lan e Camilo. Logo entra Trina.Día anterior ao do 1º cap.Sanatorio de OzaCosme Leis Cosme narra a súa estancia no hospital, a resignada espera da morte e a última traizón a María, namorado como está de Elisenda. Lembra os anos que pasaron xuntos, e como ela sempre o atendeu cando estivo preso en Carabanchel e agora neste hospital.

Un paseo polo hospital permítelle descubrir a relación amorosa da enfermeira cun técnico da radio e o plan trazado. Cosme, celoso, denuncia a trama á policía secreta.Día A. 18.45Arredores e estudios de R.N.E.Omnisciente Os catro últimos membros do maquis galego tentarán ler o discurso de despedida pero son sorprendidos pola policía e abatidos. O Rilo mata ao técnico para que non denuncie á enfermeira. Tobío alcanza a gritar pola radio “Vaite”.Día A. Algunhas horas máis tarde.Algún lugar da costa luguesaOmnisciente Artieda agarda a un Recarei que non acode a ningunha das citas. Chega Susan nun coche, e cóntalle o ocorrido. O plan era deixar os asaltantes en Ribadeo, pero agora deciden abandonar o coche (que Mamede deixara preparado) e coller un tren. Van ata Xixón xuntos e alí sepáranse.Día seguinte a A. LunsUnha fonda de BilbaoOmnisciente Artieda agarda ordes mentres pensa na súa familia. Ese mesmo día viu a súa irmá pero non se atreveu a falarlle. Ao amencer do día seguinte recibe a orde de volver á Coruña.LunsTenda de fotosBibiana Brea Bibiana le a Folla do Luns ao cego. A noticia sobre o Recarei centra a súa atención e provoca o seu enfado, xa que, segundo el, todos os datos son falsos. Conta a súa relación cos mortos. Entran Trina, a recoller unhas fotos, e pouco despois Fefa en busca do irmán.Luns?Na Costa da UniónOmnisciente Fefa salva a un neno de ser atropelado. Trátase de Moncho Bastida.Luns, 8 da tardeParque de Santa MargaridaUn dos amigos de Camilo Nun autobús enferruxado está o club de Camilo e os seus amigos. Camilo conta que virá alguén para vingar os mortos e lembra o asasinato do seu pai.Luns, tarde?Casa de MariñaOmnisciente Despois das faenas do día, Lola vai á casa de Mariña a rexeitar a oferta de traballo que esta lle fixo a Fefa en agradecemento por salvar a Moncho. Pero acaba aceptando ela ir coser á casa.Luns?Casa de MaríaOmnisciente María realiza na casa unha actividade febril para non ter que enfrontarse á noticia que lle trouxo Mamede: a traizón de Cosme. Non obstante, na súa visita diaria ao enfermo ningún dos dous fala do asunto.Luns?Hospital de OzaCosme Cando María marcha, Cosme sincérase con Elisenda. Ela pregúntalle por que os traizoou.Martes?Estación de trenArtieda Artieda chega á Coruña e recíbeo Mamede, quen lle dá instrucións e documentación falsa. Conversan sobre a falta de sensatez do Recarei e a gravidade de Cosme. Artieda instálase nunha fonda.Martes?Portal dos Bescansa/casa LolaCamilo Camilo agarda á súa nai. Cando esta baixa vén acompañada de Marinita. O neno cóntalle a súa nai como conseguiu traballo nunha pastelería. Xa na casa o neno acompaña a Lola e olla pola fiestra á veciña.Martes?Boîte do Hotel EmbaixadorOmnisciente Artieda consegue entrar e asiste á actuación de Trina. Recoñece ao gobernador e observa ao grupo que o acompaña, entre os cales está o doutor Segade. Trina ponse a falar con el e o gobernador ordena que o sigan.Mércores?Club / ConfeiteríaCamilo Camilo espera os resultados do exame de Reválida. Na confeitería debe levar o recado dunha inglesa (Susan) a un amigo á factoría de gasosas e unha carta. O neno logra entender algo dunha chave e a “próxima semana”.Mércores?Local clandestinoElisenda A enfermeira acode a unha reunión onde se distribúen panfletos. Ao saír, Artieda acompáñaa e insinúaselle.Faiado da casa dos BescansaOmnisciente Silverio é un mozo falanxista que se entretén en cravar alfinetes nos ollos dos paxaros. Descobre que Lola é viúva dun roxo e a nai pídelle explicacións á costureira. Na escaleira, pretende atemorizar a Fefa.Mércores?

TardeCine DoréCamilo Camilo acompaña a Bibiana. Ela vai ás clases de comercio e el ao cine, a súa grande afección. Xa no Doré, unha voz (Artieda?) grita en contra de Franco. Dous homes lanzan panfletos e saen fuxindo. Camilo e a policía séguenos. Despois dunha persecución, Mamede, ferido nunha perna, é detido.Xoves?

MañáCancha de frontónOmnisciente Artieda vai xogar ao frontón para trabar amizade co médico Segade. Preséntase como viaxante e despois do partido quedan para o día seguinte no Embaixador.Xoves?

TardeCasa de CamiloCamilo Artieda chega a casa de Lola e encontra só a Camilo. Gaña a confianza do rapaz falando do Recarei, amigo de Pepe Dubra. Como fixera o Recarei o día en que morreu, Artieda pídelle ao neno que saia un momento e este ve como colle uns cartos que estaban escondidos. Camilo entende que é o home enviado pola organización e cóntalle a detención de Mamede.Venres? MañáTenda de fotos. RúaBibiana Bibiana le o xornal a Mateo cando entran Odilo e María. Entre todos deciden facer algo por Mamede e diríxense á comisaría. Polo camiño, Odilo e María lembran a súa infancia xuntos e descubrimos que Odilo está namorado dela.Venres? NoiteBoîte do EmbaixadorOmnisciente Artieda acode á cita con Segade, quen está xa bastante ebrio. Despois de acompañalo á porta vai con Trina para a casa dela e teñen unha relación sexual.Luns? Pola mañá. SetembroInstituto MasculinoCamilo Primeiro día de curso para Camilo despois de aprobar a reválida. Cantos falanxistas e novos amigos. Por medio dunha nota, a súa veciña Etelvina cítao para a tarde, pero el, observador desde unha árbore, non se atreve a acudir.Luns? tardeTenda de fotosBibiana Mateo conta as súas historias da represión falanxista e Camilo explica que Mamede quedará coxo. Cando Bibiana deixa a tenda, aparece Trina, que a acompaña e faille diversas confidencias. Logo regálalle un libro e despídese cun bico na boca.Martes? TardeFábrica de gasosasSusan Susan chega á cidade para asistir a unha reunión clandestina na fábrica propiedade do seu amigo James. Na reunión deciden, animados por Artieda, lanzar panfletos durante a presenza de Franco no Club Náutico, esixindo a liberdade de Mamede.Martes?Tarde?RúaConsulta de SegadeArtieda Artieda,con cautela, regresa á estación para recuperar o maletín coa arma que deixara en consigna. Chama logo a Segade e pídelle que o reciba. Aproveita a consulta dos seus problemas físicos para contarlle as tácticas para seducir a Trina. A cambio pídelle que o avise cando Franco vaia ao sanatorio.Mércores?Biblioteca Xardín de San CarlosParque Sta. MargaritaOmnisciente Artieda, aburrido, pasa os días na biblioteca. Pola tarde cítase con Elisenda no parque para pedirlle un plano do sanatorio. O parvo Casimiro péscalle a chaqueta e descobre a arma. Artieda dáse conta de que lle falta cando xa abandonou o parque. Camilo, que o ve marchar, xa non dubida de que se trata do home da organización.OzaOmnisciente María e Odilo van ver a Cosme. Este, xa moi enfermo, quere pedirlle algo a Odilo. María déixaos e sae da habitación.TardeConsulta de SegadeTrina Trina vai visitar a Segade. A punto de comezar unha relación sexual, ela advírtelle que ten sífilis.RúaCamilo Camilo vai pola rúa e achégaselle Marinita Bescansa, que a el lle gusta moito, pero a timidez impídelle falarlle como lle gustaría.TardeMerceríaFefa Fefa fala sobre o seu traballo e as súas compañeiras. Comenta a impresión que lles produce un home (Artieda) que entra para cambiar os botóns dun vestido de muller que quere regalar.NoiteFonda Artieda As noites de Artieda son un pesadelo porque non pode durmir. Lembra a súa infancia e repasa a súa solitaria vida.Mañá