Suzanne Wellington Tubby Batra, nada o 15 de decembro de 1937 en Nova York, é unha entomóloga estadounidense especializada no estudo das abellas. Propuxo o termo en inglés eusociality, traducido ao galego como eusocialidade.

Traxectoria Doutorouse en 1964 na Universidade de Kansas. Especializouse no estudo das abellas e en 1966 publicou un artigo no que conceptuou o termo eusociality. En 1974 traballou para o Ministerio de Agricultura dos Estados Unidos. Investigou a polinización das abellas, o control biolóxico das herbas, o comportamento dos insectos e máis temas entomolóxicos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eusocialidade Ligazóns externas Biografía

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Sociobioloxía Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América