Baldrico ou Balderico (Baldericus) foi duque de Friúl (Foroiuliensis dux) desde 819 cando substituíu a Cadaloh segundo Tegano de Trier na súa Vita Hludovici Imperatoris, e ata 828, cando foi deposto do seu cargo: foi o último duque de Friúl.

Traxectoria Baldrico era un legado imperial en 815, cando marchou a Zelandia cun exército de saxóns e obotritos para restaurar ao deposto rei de Dinamarca, Harald Klak .

Como gobernador de Friúl continuou a guerra iniciada por Baldrico contra Ljudevit Posavski (Liudovitus), o líder (dux) dos croatas de Panonia. Tivo éxito na expulsión do territorio imperial de Ljudevit. El e un conde de nome Gerold tamén fixeron a guerra aos ávaros por orde de Bertrico, conde do palacio, en 826.

Con Xurxo, prestador de Venecia, trouxo un órgano hidráulico a Aquisgrán en 826 Annales Regni Francorum , DCCCXXVI.

En 828, Baldrico foi deposto como duque de Friúl pola sa incapacidade de establecer unha defensa efectiva contra os búlgaros durante a súa invasión de 827, e o ducado dividiuse en catro condados. Finalmente, os condados uníronse baixo unha marca (marcgraviado), e o ducado xa nunca se había restaurarAnnales Regni Francorum , DCCCXXVIII.

Notas

Véxase tamén

BIbliografía

Tegano de Trier, Vita Hludovici Imperatoris en intratext.com Eginard, Vida de Carlomagno . Annales Fuldenses traducido por Timothy Reuter, co comentario (páxina de pago) Annales Francorum na The Latin Library

Categoría:Ducado de Friúl Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século VIII Categoría:Finados no século IX