Mia Amor Mottley, nada o 1 de outubro de 1965, é unha política barbadense, presidenta do Partido Laborista de Barbados (BLP) e primeira ministra dende maio de 2018. É a primeira muller en ocupar o cargo.Barbados elects Mia Mottley as first woman PM. BBC News, 25 de maio de 2018
Carreira Mottley foi membro do parlamento da circunscrición de Saint Michael North East dende 1994. De 1994 a 2008, ocupou unha sucesión de carteiras ministeriais, incluído o cargo de Fiscal Xeral de Barbados, converténdose na primeira muller nomeada como tal. Tamén é membro de Diálogo Interamericano.
Foi dúas veces Líder da Oposición na Cámara da Asemblea de Barbados: primeiro de 2008 a 2010 e logo de 2013 a 2018. En 2018, o BLP liderado por Mottley gañou cunha vitoria histórica nas eleccións xerais do 24 de maio, asegurando os 30 escanos na Cámara, sendo o primeiro partido en lograr esta fazaña, ademais de gañar o 74,6 % do voto popular; a porcentaxe máis alta alcanzado por un partido nunha elección xeral.
Notas
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Políticos de Barbados Categoría:Nados en Barbados