Falicpennis falcipennis é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Falcipennis.
É un tetraonino propio da Siberia oriental (incluída a illa de Sakhalin), de tamaño mediano, estreitamente asociado á taiga. Moi semellante ao seu conxénere Falcipennis canadensis, co que está estreitamente relacionado é, coma este, unha das pitas do monte máis arborícolas, ben adaptada para moverse e pousar nas árbores.
Características É moi semellante en tamaño, forma e coloración da plumaxe ao seu conxénere Falcipennis canadensis, co que está estreitamente relacionado é, coma este, unha das pitas do monte máis arborícolas, ben adaptada para moverse e pousar nas árbores.
Distribución e hábitat Distribúese no Distrito Federal Oriental de Siberia (Rusia), desde aproximadamente 120 °L até as beiras do mar de Okhotsk e a illa de Sakhalin, até os proximadamente 60 °N, ao norte, e ao sur até a rexión inferior do río Amur e as montañas Sikhote-Alin e, polo menos anteriormente, até as montañas Xiao Hinggan Ling, en Heilongjiang, China, nos krais de Khabarovsk e Primorie, nos óblasts de Amur e Sakhalin, e no óblast Autónomo Hebreo.
A pequena poboación que hai anos habitaba no extremo nordeste da China está probabelmente extinta.McGowan, Phil & Steve Madge (2002): Pheasants, Partridges & Grouse. Including Buttonquails, Sandgrouse and Allies. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-3966-7.
Esta pita do monte de Siberia vive en bosques de coníferas (taiga), principalmente de piceas, abetos, lárices e piñeiros e, aínda que tamén se ve en bosques secundarios, evita as áreas abertas e as últimas etapas da sucesión ecolóxica dos bosques.
Taxonomía Descrición Esta especie foi descrita en 1855 polo médico e zoólogo alemán Gustav Hartlaub.Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) no ITIS.
Primeiramente estivo clasificada dentro do xénero Dendragapus, como Dendragapus falcipennis, pero posteriormente foi integrada no xénero Falcipennis.
Etimoloxía Véxase Falcipennis.
Subespecies Non se recoñece ningunha subespecie.Falcipennis falcipennis, en: Family Phasianidae na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019).
Controversia taxonómica Dengragapus - Falcipennis Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.
Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus, considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873) no ITIS. utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource, 2005.05.23.
Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie D. A. & de Juana E., coords. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-415-3.Gallo siberiano. Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) en Avibase.
Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.BirdLife International (2016): Falcipennis canadensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 10 de febreiro de 2019.
Ameazas Suponse que a súa poboación está diminuíndo debido á corta en grande escala de árbores, os incendios forestais e a caza para obter alimento. Informouse que desaparece rapidamente das áreas colonizadas, aparentemente porque no lle teme ao home e, polo tanto, pódeselle disparar facilmente.
Status A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como NT (case amenazada) porque é probábel que estea experimentando un declive de poboación moderadamente rápido debido á caza e á corta de árbores, e probabelmente teña unha poboación moderadamente pequena.BirdLife International (2016): Falcipennis falcipennis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 20 de febreiro de 2019.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía de Juana, E. (1994): "Family Tetraonidae (Grouse)". En: del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. Handbook of the Birds of the World, Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-15-6, pp. 376–411. del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, Spain / Cambridge, UK.: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1. Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.
Outros artigos Fasiánidos Tetraoninos Falcipennis
Ligazóns externas Falcipennis falcipennis. Siberian grouse na ADW. Falcipennis falcipennis (Hartlaub 1855) na EOL.
Categoría:Animais descritos en 1855 Categoría:Fasiánidos