O Reino de Dahomey foi un reino africano (localizado dentro da área do actual Benín) que existiu dende 1600 até 1894, cando o último rei, Béhanzin, foi derrotado polos franceses, e o país foi anexionado ó imperio colonial francés. Dahomey desenvolveuse na chaira de Abomey a partir do pobo fon a comezos do século XVII e converteuse nun poder rexional no século XVIII mediante a conquista de cidades importantes na costa Atlántica.

Durante os século XVIII e XIX, o Reino de Dahomey foi un importante estado na súa rexión, deixando de ser estado tributario do Imperio de Oyo. O reino de Dahomey foi un poder rexional que tiña unha economía doméstica organizada no comercio e no traballo de escravos, cunha significativa relación comercial cos europeos, unha administración centralizada, sistema de impostos e grande organización militar. Neste reino salienta a súa obra artística, unha unidade militar completamente feminina chamada as amazonas de Dahomey polos observadores europeos, e as elaboradas prácticas relixiosas do vodú, cun gran festival anual. Comerciaron con prisioneiros, que capturaron durante guerras e redadas, e intercambiáronos cos europeos en troques de bens como coitelos, baionetas, armas de fogo, tecidos e licores.

Reis de Dahomey

Gangnihessou (1600-1620) Dakodonou (1620-1645) Aho Houegbadja (1645-1685) Houessou Akaba (1685-1708) Agadja (1708-1740) Tegbessou (1740-1774) Kpengla (1774-1789) Agonglo (1789-1797) Adandozan (1797-1818) Ghézo (1818-1858) Glélé (1858-1889) Behanzin (1889-1894) Agoli-Agbo (1894-1900)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Historia de Benín Categoría:Reinos antigos