Os fon, tamén chamados fon nu, agadja ou dahomey, son un grupo étnico e lingüístico africano.Fon people, Encyclopædia Britannica Son o meirande grupo étnico de Benín, habitando principalmente a rexión do sur. Tamén habitan en menor medida no suroeste de Nixeria e en Togo. Falan a lingua fon, membro da familia das linguas gbe.

A historia do pobo fon está relacionada co reino de Dahomey, un antigo estado xurdido no século XVII que comparte as súas raíces coas do pobo aja. Os fon tiñan unha cultura cunha importante tradición oral e un sistema relixioso politeísta ben desenvolvido. Foron especialmente célebres no século XIX como comerciantes cos europeos e pola súa práctica de N'Nonmiton ou amazonas de Dahomey, unha unidade de mulleres soldado que décadas despois loitaría contra as forzas coloniais francesas, por volta do ano 1890.Robin Law (1993), The 'Amazons' of Dahomey, Paideuma: Mitteilungen zur Kulturkunde, Bd. 39 (1993), páxinas 245-260

Notas

Véxase tamén Outros artigos Amazonas de Dahomey

Categoría:Grupos étnicos de Benín Categoría:Grupos étnicos de Nixeria