Regina Rene King, nada en Cincinnati o 15 de xaneiro de 1971, é unha actriz e directora estadounidense. Recibiu atención polo seu papel como Brenda Jenkins na serie de televisión de NBC 227 (1985). Seguiu a protagonizar series e filmes, acadando éxito con papeis como Dana Jones en Friday (1995), Marcee Tidwell en Jerry Maguire (1996), Riley e Huey Freeman na serie de animación The Boondocks e a Detective Lydia Adams en Southland. Por Southland, recibiu dúas candidaturas aos Critics' Choice Award. En 2019, a súa interpretación como Sharon Rivers en If Beale Street Could Talk valeulle o Oscar e o Globo de Ouro á mellor actriz secundaria.
Entre 2015 e 2017, King protagonizou a serie de ABC American Crime e tamén interpretou a Erika Murphy no drama da HBO The Leftovers. King tivo un papel recorrente como Janine Davis en The Big Bang Theory, e participou en filmes como Ray, Poetic Justice e Unha loira moi legal 2.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1991 Boyz n the Hood Shalika 1993 Poetic Justice Iesha 1995 Higher Learning Monet 1995 Friday Dana Jones 1996 Mia Williams 1996 Jerry Maguire Marcee Tidwell 1998 Rituals Curtametraxe 1998 How Stella Got Her Groove Back Vanessa 1998 Enemy of the State Carla Dean 1998 Mighty Joe Young Cecily Banks 1999 Love and Action in Chicago Lois Newton 2001 Down to Earth Sontee Jenkins 2002 Truth Be Told Rayne 2003 Daddy Day Care Kim Hinton 2003 Unha loira moi legal 2 Grace Rossiter 2004 Unha cincenta moderna Rhonda 2004 Ray Margie Hendricks 2005 Miss axente especial 2: Armada e fabulosa Sam Fuller 2006 Ant Bully, benvido ao formigueiro Kreela (voz) 2007 Year of the Dog Layla 2007 This Christmas Lisa Whitfield-Moore 2010 Our Family Wedding Angela 2013 Let the Church Say Amen Director 2014 Planes: Fire & Rescue Dynamite (voz) 2018 If Beale Street Could Talk Sharon Rivers Oscar á mellor actriz secundaria
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas King, Regina. "The Emmys: As White As Ever", The Huffington Post, 3 de setembro de 2010; consultado o 9 de outubro de 2010.
Categoría:Nados en Cincinnati, Ohio Categoría:Nados en 1971 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de televisión