A síndrome de Wolff-Parkinson-White (WPW) é unha síndrome de preexcitación dos ventrículos do corazón debido a unha vía accesoria coñecida como feixe de Kent que transcorre pola parte anterolateral da aurícula e ventrículo dereito (en caso de ser polo esquerdo coñécese como feixe de Ohnell). Esta vía é unha comunicación eléctrica anormal da aurícula ao ventrículo.
A prevalencia da síndrome de WPW oscila entre o 0,1% e o 0,3% da poboación xeral.
Aínda que a ampla maioría de individuos coa síndrome de WPW permanecen asintomáticos ao longo de toda a súa vida, hai un risco de morte súbita asociada coa síndrome. É pouco frecuente (incidencia menor de 0,6%), e débese ás taquiarritmias que esta vía accesoria produce no individuo.
Notas
Wolff-Parkinson-White Wolff-Parkinson-White