Esteban Navarro Soriano, nado en Moratalla (Murcia) en 1965, é un escritor español de novela negra e novela policial. Considerado por Random House como un dos grandes nomes da novela negra española. Foi axente de policía desde o ano 1994 até o 2018.

Traxectoria Navarro impartiu clases de literatura na Escola Canaria de Creación Literaria desde o ano 2011 até o 2013. Fundou e organizou o Concurso literario policía e cultura (España). Colabora na organización do Festival Aragón Negro nas actividades convocadas na cidade de Huesca. Amazon recoñeceuno como un dos autores pioneiros do libro electrónico e considerado o creador do termo Xeración Kindle. En xaneiro do ano 2013, a súa novela La noche de los peones, quedou entre o seis finalistas elixidos que optaban ao Premio Nadal. Ese mesmo ano foi distinguido pola Xefatura Superior de Aragón por prestixiar o Corpo Nacional de Policía.

Obra La casa de enfrente (Ediciones B, 2011) La noche de los peones (Ediciones B, 2012) Los crímenes del abecedario (Ediciones B, 2013) Los fresones rojos (Ediciones B, 2013) Diez días de julio (Ediciones B, 2014) La puerta vacía (Ediciones B, 2015) La gárgola de Otín (Autoedición, 2015) Los ojos del escritor (Ediciones B, 2015) El buen padre (Ediciones B]], 2015) El reactor de Bering (Avant Editorial, 2016) Ángeles de granito (Autoedición, 2016) La marca del pentágono (Autoedición, 2017) Una historia de policías (Playa de Ákaba, 2017) El club de la élite (Menoscuarto, 2017) Penumbra (Autoedición, 2018) El apagón (Autoedición, 2018) El cónsul infiltrado (Doce Robles, 2019) Medianoche (Autoedición, 2023) Montesblancos (2024)

Premios II Certame de Narrativa Breve Jorge Maldonado I Certame de Novela A Balsa de Pedra de Saramago II Concurso de Relatos de Terror do Festival das Ánimas XIII Certame de Relato Curto de Miajadas, XIII Premio Nacional de Relato Curto Calicanto VIII Premio de relato curto Cidade de Caspe 2013 III Concurso literario policía e cultura de Huesca V Concurso de Relatos Curtos Cidade de Huesca.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog oficial del escritor Esteban Navarro, autor de Random House Esteban Navarro nos recomienda algunos libros Fonte: La horda del lector

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Aragón