A luz de Mafasca ou Luz do Carneiro é unha lenda de orixe canaria, con especial influencia en Fuerteventura. O fenómeno lumínico repítese noutras zonas do arquipélago como Gran Canaria, A Palma, Tenerife ou A Gomera, onde rexistraron varias manifestacións.

Características A Luz de Mafasca consiste, segundo os que a viron, nun gromo luminoso, que pode ser de distintas cores, segundo o espectador, como azul, amarelo, verde ou vermello, similar á visión da cabicha dun cigarro na escuridade.

Fenómeno A luz de Mafasca é unha luz, probablemente producida por algún fenómeno natural, que se aparece sobre todo nas noites escuras e silenciosas. A luz é pequena, pero ás veces pode alcanzar grandes dimensións durante uns segundos, para recuperar de novo o seu tamaño. Desprázase de forma aparentemente intelixente, subindo e baixando e pode manterse estática no aire ou acelerar, de súpeto. Nas posibles explicacións descártase que sexa algún tipo de Láser, xa que a orixe da lenda data de moitos séculos atrás.

Lenda A lenda da luz de Mafasca é orixinal de Fuerteventura, que consiste nun gromo luminoso de distintas cores que ven na escuridade.

Cando comezaron a xuntar a leña necesaria para preparar o lume, entre os restos recolleitos acharon unha pequena cruz de madeira. Os pastores coñecían que en Fuerteventura é costume colocar unha cruz no lugar onde falece unha persoa, pero coa fame que tiñan fixeron caso omiso desa tradición e utilizaron a cruz para alimentar o lume.

Pero, segundo a lenda, cando as chamas comezaron a consumir a cruz de madeira, de entre as cinzas xurdiu unha estraña luz que saltaba dun lado cara a outro, coma se tivese vida propia. Os pastores, asustados, correron afastándose daquel obxecto luminoso que para eles non era outra cousa que a alma do defunto para o cal cravaran aquela cruz.

Desde entón prodúcense estes fenómenos nas noites silenciosas e escuras tanto en Fuerteventura como nas demais illas no arquipélago canario.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

A luz de Mafasca

Categoría:Lendas