A digoxixenina (pronunciado /digoksiʃenína/), abreviada DIG, é un esteroide que se encontra exclusivamente nas flores e follas das plantas estraloques das especies Digitalis purpurea, Digitalis orientalis e Digitalis lanata, onde está unida a azucres formando glicósidos (por exemplo, o lanatósido C).

Uso en biotecnoloxía

A digoxixenina é un hapteno, unha pequena molécula con elevada antixenicidade, que se utiliza en moitas aplicacións moleculares de xeito similar a outros haptenos moi usados como o 2,4-dinitrofenol, a biotina e a fluoresceína. Tipicamente, a digoxixenina introdúcese quimicamente (conxugación) en biomoléculas (proteínas, ácidos nucleicos) para ser detectada en posteriores ensaios.

Proteínas que se unen á DIG.- Tinberg et al. deseñaron proteínas artificiais que se unen á DIG. A mellor foi a DIG10.3, que era unha proteína de 141 aminoácidos que se unía á DIG cunha constante de disociación (Kd) de 541 (+/- 193) pM.

Os anticorpos anti-digoxixenina con altas afinidades e especificidade utilízanse en diversos inmunoensaios biolóxicos (por exemplo en ELISA). Os anticorpos son etiquetados con tinguiduras, enzimas ou fluorescencia, directamente ou secundariamente, para a visualización e detección.

A digoxixenina é, pois, unha inmunoetiqueta multiúsos, e especialmente un marcador estándar en inmunohistoquimica para a hibridación in situ. Neste caso é conxugada a unha soa especie de nucleósido trifosfato de ARN (normalmente de uridina), que se incorpora despois ao ARN (unha "ribosonda") a medida que este se sintetiza pola maquinaria celular..

Permite realizar o seguinte: Sondas de hibridación in situ non radioactivas para detectar ácidos nucleicos en plantas, con capacidade de detectar 1 µg de ADN de plásmido. Conxugados péptido-DIG, é dicir, ensaios de bradicinina por inmunoensaios de quimioluminescencia moi sensible. Trazadores etiquetados con DIG e fluorescentes para inmunoensaios competitivos, é dicir, para estimar o límite de detección de digoxina, fármaco usado para curar arritmias cardíacas, por debaixo de 0,2 ng mL−1. A digoxixenina pode ser conxugada con azucres para estudar eventos de glicosilación, mesmo en sistemas biolóxicos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Inmunotinguidura

Categoría:Esteroides