Robert Ridgway, nado o 2 de xullo de 1850 en Mount Carmel, Illinois, e finado o 25 de marzo de 1929 en Olney, no mesmo estado de Illinois, foi un naturalista e ornitólogo estadounidense.

Trayectoria Nado en Mount Carmel, Illinois, Ridgway foi un protexido do zoólogo Spencer Fullerton Baird, quen, cando foi nomeado secretario da Smithsonian Institution, propuxo a Ridgway como primeiro conservador a tempo completo de aves do U.S. National Museum. Neste posto Ridgway serviu desde 1880 até a súa morte en 1929.

Ridgway publicou un dos primeiros e máis importantes sistemas de cores para a identificación de aves, no seu libro de 1886 A Nomenclature of Colors for Naturalists (Boston: Little, Brown & Co.)

En 1912 publicou unha obra aínda maior sobre nomenclatura de cores, Color Standards and Color Nomenclature, co diñeiro que conseguiu do seu amigo José Zeledón, de Costa Rica. Ornitólogos de todo o mundo continúan citando os libros de Ridgway sobre a cor.

Na primavera de 1867, á idade de 16 anos, Ridgway foi contratado como naturalista do estudo de Clarence King. Neste estudo, no que permaneceu case dous anos, Ridgway recolleu moitos espécimes de aves, e foi un dos membros principais dos catro grandes estudos do Oeste norteamericano. Á súa volta á Smithsonian, traballou de forma informal até que foi formalmente nomeado conservador de ornitoloxía. Aínda que Ridgway só cursou o bacharelato, era moi elocuente e tiña amplos coñecementos de forma que serviu moitos anos coma voceiro da Smithsonian. Os seus amigos e colegas describírono como patoloxicamente tímido e, en xeral, evitou a publicidade e ser o foco de atención.

Ridgway foi coautor (xunto con Thomas Mayo Brewer e Spencer Fullerton Baird) de History of North American Birds (Boston, 1875-1884; Land Birds, 3 vols., Water Birds, 2 vols). Tamén escribiu outros libros e monografías, e máis de 450 artigos en revistas científicas.

En 1899 uniuse a E. H. Harriman na súa famosa exploración da costa de Alasca, onde acompañou a John Muir e a outros moitos naturalistas e científicos.

Abreviatura A abreviatura Ridgway emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica. A abreviatura Ridgway emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honores

Distincións Medalla Daniel Giraud Elliot (1919) Medalla Brewster (1921)

Epónimos Aves Xénero Ridgwayia Especies de aves Caprimulgus ridgwayi Buteo ridgwayiVexetais Especies vexetais (Asteraceae) Liatris ridgwayi Standl.Rhodora 1929, xxxi. 37, hybr. (IK) (Rosaceae) Crataegus ridgwayi'' Sarg.J. Arnold Arbor. vi. 2 1925 (IK)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Ridgway, Robert (1850-1929) no IPNI. Obras de e sobre Robert Ridgway.

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Exploradores Categoría:Nados en 1850 Categoría:Nados en Illinois Categoría:Finados en 1929