miniatura|300x300px|Illas Bahamas: marcadas cun círculo poden verse as illas que foron identificadas como Guanahani. Guanahani é o nome da primeira illa na que desembarcou Cristovo Colón o venres 12 de outubro de 1492, cando chegou por primeira vez a un territorio da chamada posteriormente América. A illa, bautizada co nome de San Salvador, fora descuberta a madrugada anterior e atopábase habitada polo pobo lucayo ou taíno. Guanahani é unha das illas do arquipélago das Antillas, máis precisamente das Bahamas. Con todo, a identificación exacta da illa á que chegou Colón é materia de debate.

Datos históricos

Carta de Colón O 29 de abril de 1493 publicouse en Barcelona unha carta de Colón ao Escribano de ración, Luis de Santángel, na que se anunciaba o Descubrimento. Trátase do primeiro documento impreso que menciona o nome de Guanahani, pero sen achegar ningún dato sobre a illa:

Mapa de Juan dela Cosa dereita|miniatura|Reprodución esquemática do mapa de Juan de la Cosa na que a illa de Guanahani aparece sinalada cunha frecha vermella. No mapa de Juan de la Cosa, realizado cara a 1500, figura por vez primeira o topónimo Guanahani. Aparece como unha pequena illa ao nordés de Cuba, no arquipélago que hoxe se coñece como as Bahamas. Curiosamente, o mapa non menciona ningún feito particular sobre a illa nin lle dá un tratamento gráfico particular.

Pedro Mártir O italiano Pedro Mártir de Anglería, que ocupou postos de responsabilidade nas cortes dos Reis Católicos e os seus sucesores, narrou as viaxes de Colón nunha serie de epístolas escritas en latín e compiladas na obra De Orbe Novo, cuxa primeira parte ou «década» foi impreso en 1511. No relato da primeira viaxe, Mártir afirma que Colón visitou «seis illas» pero non especifica cal foi a primeira avistada e só cita os nomes de Juana e a Española.De Orbe Novo. Década I, libro I. Con todo, máis adiante, ao explicar a segunda Viaxe, Mártir menciona que «durante a súa primeira viaxe, o Almirante tomara consigo a un nativo de Guanahani (unha illa preto de Cuba), ao que chamara Diego Colón e ao que criara xunto aos seus propios fillos».De Orbe Novo. Década I, libro III.

Juan Ponce de León Segundo o cronista Antonio de Herrera, o conquistador Juan Ponce de León fixo escala en Guanahani o 14 de marzo de 1513, durante a súa viaxe desde Porto Rico até Florida. Herrera sitúa a illa en 25°40′ de latitude norte.

Fernández de Oviedo Unha das primeiras crónicas do Descubrimento foi a que publicou Gonzalo Fernández de Oviedo en 1535. Achega máis información sobre Guanahani, situándoa no arquipélago dos Lucayos (as Bahamas):

Cosmógrafos da Casa de Contratación O cosmógrafo sevillano Alonso de Santa Cruz describiu e situou Guanahani de maneira precisa no seu libro Islario Xeral, escrito na primeira metade do século XVI e que nunca foi impreso:Pola mesma época, o piloto maior da Casa de Contratación de Sevilla, Alonso de Chaves, anotou a latitude de Guanahani (25ºN) e outros datos posicionais no seu Espello de navegantes, escrito cara a 1540:

Hernando Colón Hernando Colón, fillo natural de Cristovo Colón, escribiu unha biografía do seu pai na que detalla cada unha das súas viaxes. Esta obra foi escrita nos anos 1530 pero non se imprimiu até 1571, en Venecia.Hugh Thomas no prólogo á tradución de M. Carreira Díaz da Historia do Almirante de Hernando Colón (Ed. Planeta, 2006. ISBN 84-08-06680-3) Nela repítese a lista das illas descubertas na Primeira Viaxe:Hernando dá algúns datos xeográficos sobre Guanahani, mencionando unha lagoa, un gran porto e unha península:

Bartolomé de las Casas miniatura|Representación do desembarco de Colón en Guanahani inspirada no relato de Bartolomé de las Casas (1893). A Historia das Indias do frade e bispo Bartolomé de las Casas é considerada a principal fonte de información sobre a primeira viaxe de Colón porque inclúe, segundo o autor, transcricións literais do caderno de bitácora do Almirante. Das Casas afirma empezar a escribir a súa obra cara a 1527 pero só a afrontou con forza na segunda metade dos anos 1540, cando obtivo acceso á biblioteca privada de Hernando Colón en Sevilla. A obra quedou en manuscrito e foi esquecida até o seu redescubrimento en 1791. Os seguintes son extractos dese documento.

O resumo do Diario de Colón conta do seguinte modo o momento da chegada a Guanahani: A illa estaba habitada polo pobo lucayo ou taíno. O texto arriba citado, é o primeiro no que os europeos utilizan o termo «indios» para denominar comunmente aos poboadores de América, palabra que deriva do erro que cometeron ao pensar que a illa Guanahani atopábase na zona oriental do continente asiático, que os europeos de entón confundían coa India. Os taínos organizaran unha sociedade agraria, relativamente avanzada, baseada no cultivo do millo, a mandioca e o algodón, incluíndo outros importantes cultivos como o maní (cacahuete), a pementa, a piña, a batata e o tabaco. O propio Colón relata no seu diario que cultivaban cabazas e algodón e que posuían casas e «hortas de árbores». esquerda|miniatura|Colón desembarca en Guanahani. Taínos e españois intercambiaron produtos pacificamente, pero aqueles non tiñan posesións de ouro, principal produto que buscaban os españois. Ao día seguinte o Diario comentaba:Con todo, a pesar da boa relación entre taínos e españois, Colón xa pensaba en Guanahani na posibilidade de escravizalos:O resumo do Diario describe Guanahani do seguinte modo:Tamén dá información sobre a posición da illa, afirmando que a súa latitude é a mesma que a das Canarias:Colón abandonou Guanahani o domingo 14 de outubro pola tarde:

López de Gómara Na súa Historia xeral das Indias (1552), Francisco López de Gómara sitúa tamén Guanahani nas Bahamas:

Candidatas A localización exacta da illa de Guanahani é sumamente complexa debido ao feito de que o libro de bitácora de Colón perdeuse e a única evidencia dispoñible atópase no resumo realizado por Bartolomé de las Casas. miniatura|Mapa de Bahamas.

Cayo Samaná (Samana Cay). Cayo Samaná atópase no centro este do grupo das Bahamas. Foi proposta como candidata por primeira vez en 1882 por Gustavus V. Fox, capitán da mariña estadounidense. A teoría de Fox foi moi pouco coñecida ata que en 1986 Luís Marden e a súa esposa a matemática Ethel Cox Marden da revista National Geographic realizaron detallados cálculos e repetiron a viaxe de Colón desde as illas Canarias, para concluír que Guanahani era Cayo Samaná. Actualmente esta hipótese é sostida pola National Geographic Society. Cayos Franceses ou Cayos Plana (Plana Cays ou French Cays). Atópanse o sur de Cayo Samaná e ao oeste da illa Mayaguana. A posibilidade de que Guanahani sexa o cayo máis occidental do grupo foi proposta inicialmente polo almirante dominicano Ramón Julio Didiez Burgos en 1974 e revisada por Keith A. Pickering en 1994.

miniatura|Bahamas. unha praia como esta puido ser o lugar do desembarco do Colón o 12 de outubro de 1492.

San Salvador. Atópase ao nornoroeste de Cayo Samaná. Denominada illa Watling até 1925 cando tomou o seu nome actual. Juan Bautista Muñoz propúxoa en 1793 como sitio probable de Guanahani.Muñoz (1793: pp. 85-86.) Outros defensores da súa candidatura son A. B. Becher (1856), James Murdock (1884), Richard Henry Major (1871), Antonio María Manrique (1890) e Samuel Eliot Morison (1942).Becher (1856)Murdock (1884: pp. 449-86.)Manrique, Antonio María (1890). Guanahani: Investigacións histórico-xeográficas sobre o camiño de Cristóbal Colón polas Bahamas e Costa de Cuba que comprenden a situación exacta da primeira terra descuberta do Novo Mundo, Arrecife [Canarias], Imp. de Lanzarote: Galindo e Cª Publicación en liña do libro na Biblioteca Virtual Cervantes. Illa Mayaguana. Situada ao leste e moi preto do Cayo Samaná e os Cayos Franceses. Foi proposta polo brasileiro Francisco Varnhagen en 1825. A Illa Gran Turca (Grand Turk Island). É a illa principal e sede do goberno local do territorio británico das Illas Turcas e Caicos. Atópase ao sueste da illa Mayaguana. Foi proposta por Martín Fernández de Navarrete en 1824 e Robert Power en 1983. En 1992, Gregory McIntosh identificou a Gran Turca non con Guanahani senón con Babueca, unha illa descuberta independentemente por Martín Alonso Pinzón entre novembro e decembro de 1492. Illa Concepción (Conception Island). Foi proposta por R. T. Gould en 1943. Caicos do Leste (East Caicos). Proposta por Pieter Verhoog en 1947. Pero é a única illa (entre as propostas) que non ten unha lagoa no seu interior, o cal non concorda coas descricións de Hernando Colón e As Casas. Illa Gato (Cat Island). A illa Gato atópase inmediatamente ao norte do Salvador/Watlings e era amplamente considerada como Guanahani ata que en 1791 se redescubreu o resumo da bitácora de Colón realizado por Bartolomé de las Casas, que foi publicado en 1875-1876.A transcrición orixinal é un manuscrito achado en 1791 de 67 folios escritos en ambos os lados escrito polo mesmo Bartolomé de las Casas, que o usou para preparar a súa "Historia das Indias". Foi publicado en cinco volumes en 1875-76. "Christopher Columbus: A Bibliographic Voyage", by Jack Shreve in "Choice" (January 1991, Vol. 29, pp. 703-711.) A descrición de Guanahani no manuscrito das Casas non era compatible coa posibilidade de que se tratase da illa Gato; en primeiro lugar porque a illa Gato (Cat) non ten arrecife, que segundo As Casas circundaba a Guanahani. Os defensores desta hipótese sosteñen os seus argumentos en antigos mapas. Un dos máis importantes partidarios foi o explorador canadense Alexander Mackenzie. Illa Ovo (Egg Island). Proposta por Arne Molander en 1981. Cayo Lignum Vitae (Lignum Vitae Cay). Proposto por John Winslow en 1989.

Pistas A ruta transatlántica Unha maneira de tentar localizar Guanahani é seguir as distancias e direccións que As Casas anotou no seu resumo da Primeira Viaxe de Colón. Segundo algúns investigadores, eses datos levarían a un punto situado cinco millas náuticas ao sur da illa Waitling/O Salvador. Pero de tomar en consideración as correntes mariñas e ventos, tal como fixeron Luís Marden e Ethel Cox Marden en 1986, a ruta terminaría nun punto xusto ao sueste de Cayo Samaná. E de tomar en conta a declinación magnética (desviación do compás con respecto ao norte xeográfico), a ruta podería levar a un punto no sur de Cayos Plana e ao leste da illa Acklins. Por outra banda puido existir tamén deriva errática das naves así como desamaños do compás, o que complicaría aínda máis a determinación precisa do lugar utilizando este método.

A descrición de Guanahani Bartolomé de las Casas describe a illa no seu resumo do Diario do seguinte modo:Todas as illas propostas son chairas, arboredos e posúen unha lagoa. Só a illa Caicos do Leste non ten lagoa.

Na entrada correspondente ao 14 de outubro, As Casas afirma que Colón fixo un traxecto en barco á beira leste da illa seguindo un rumbo nor-nordeste:Este traxecto só é posible en Cayos Plana, Concepción, Ovo (Egg) e até certo punto en Cayo Samaná. No mesmo parágrafo As Casas transcribe a afirmación de Colón de que un arrecife rodeaba toda a illa:Todas as illas propostas excepto Gato (Cat) teñen arrecife, pero a do Salvador/Waitling non circunda completamente a illa. Por outra banda, o espazo interno na illa Ovo (Egg) é demasiado pequeno para coincidir coa descrición de Colón («caben todos os barcos da cristiandade»).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Descubrimento de América Ligazóns externas Copia dixitalizada na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Defende a tese da illa Waitling Páxina web de K. Pickering que compila as distintas teorías sobre o primeiro lugar ao que chegou Colón Avaliación paleoxeográfica sustentando a hipótese de Cayo Samaná (Samana Cay)

Categoría:Descubrimento das Américas Categoría:Illas das Bahamas