María Grande Sobral, nada nas Cortellas (Soutomaior) en 1931 e finada no mesmo lugar en 2013, máis coñecida como Maruxa das Cortellas ou Maruxa da Crega, foi tocadora de pandeiro cadrado tradicional galego e unha figura informante esencial para o rexurdimento deste instrumento de percusión.

Traxectoria A música vocal de tradición oral de Galiza escríbese en feminino, aínda que o recoñecemento adoite recaer en exclusiva nas tradicionais figuras dos instrumentistas masculinos, foron as mulleres as grandes transmisoras do patrimonio oral.

Maruxa é un deses nomes femininos que sobresaen do anonimato colectivo grazas ás investigacións de recollida de campo. Grande Sobral foi a primeira muller homenaxeada no Memorial Ricardo Portela en Pontevedra no ano 2018. Carmela Silva Rego salientou nesta homenaxe que foi a única muller da súa xeración que se interesou polo xeito de tocar das persoas maiores nas aldeas e que axudou a visibilizar as mulleres nun eido no que só tiñan recoñecemento coma cantareiras. Foi a última gran tocadora de pandeiro do sur de Galicia, xunto con Concha do Canizo (A Gudiña), converteuse nunha pedra angular da recuperación dos estilos interpretativos arcaicos: Romances de Reis, valses, ribeiranas, xotas e muiñeiras... O recoñecemento chegoulle na madurez, a partir da década dos noventa, cando se converteu en asidua convidada da TVG en programas como Luar e Alalá.

Vida privada Viviu nunha parroquia do concello de Soutomaior. Casada con Marcelino, tiveron tres fillos. Maruxa adicouse ao agro, o coidado da casa e da familia. Herdeira da tradición oral musical, de xeito autodidacta aprendeu nas fiadas de nena e nas tarefas comunitarias da aldea. Cantaba no coro da igrexa de San Salvador de Soutomaior. Sobre o seu espazo de tocar e aprendizaxe musical dixo textualmente:

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Maruxa das Cortellas - TVG (Alalá nº 23 - 2006) Maruxa das Cortellas - Álbum de mulleres (Consello da Cultura Galega) (2018).

Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en Soutomaior Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia Categoría:Cantareiras galegas