Camp Cope é unha banda australiana de rock alternativo procedente de Melbourne. Fundado en 2015, o grupo está composto pola cantante e guitarrista Georgia "Maq" McDonald (filla de Hugh McDonald), a baixista Kelly-Dawn “Kelso” Hellmrich e a batería Sarah "Thomo" Thompson. Camp Cope ten un contrato co selo independente de Melbourne Poison City Records (onde tamén traballa Thompson), e co selo independente de Boston Run For Cover Records que distribúe os seus traballos en Norteamérica e Europa.

O seu traballo de estrea, Camp Cope, publicado en abril de 2016, alcanzou o top 40 na lista de álbums da ARIA, e foi nomeado ao J Award para o Álbum do ano australiano. A banda tamén foi nomeada en seis categorías dos primeiros National Live Music Awards e gañou o 'Heatseeker Award'. A páxina web Faster Louder elixiu o álbum de estrea de Camp Cope como o seu Álbum do ano para 2016. O grupo tamén gañou o premio ao Mellor artista emerxente nos The Age Music Victoria Awards de 2016.

Camp Cope foi descrito como "parte Courtney Barnett, parte Juliana Hatfield", e "melódico, edificante e doído".

Discografía ÁlbumAnoSeloCamp Cope2016Poison City RecordsHow to Socialise & Make Friends2018Poison City Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Melbourne Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 2015