Eva Ottawa, nada en 1970 ou 1971 en Manawan, é unha política atikamekw. Foi a primeira muller elixida Gran Xefa do Conseil de la Nation Atikamekw (CNA), exercendo como tal entre 2006 e 2013, e tamén foi a primeira muller en presidir o Consello sobre a condición da muller do Quebec.

Traxectoria Eva Ottawa naceu en Manawan, sendo filla de dous mestres dunha escola autóctona. Conseguiu un certificado en "Estudos autóctonos" (1993) antes de acadar unha licenciatura en socioloxía (1996) e outra en dereito (2002). Foi elixida gran xefa do Conseil de la Nation Atikamekw en 2006, cun 75% dos votos, sendo a primeira muller en ocupar este posto. Foi reelixida en 2010. En 2012, presentou a referendo un proxecto de acordo co Goberno do Quebec, mais foi derrotada por opositores que pedían un enfoque máis combativo contra o goberno. Dimitiu do seu posto en 2013. En 2015, foi nomeada membro da Comisión de dereitos das persoas e da mocidade. En setembro de 2016, foi nomeada presidente do Consello da condición da muller do Quebec, sucedendo a Julie Miville-Dechêne. Malia que o seu mandato tiña que durar cinco anos, en xaneiro de 2017 remitiulle a súa dimisión á ministra da condición da muller, Lise Thériault.

Notas

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Pobo atikamekw Categoría:Nados no Quebec