A Xunta Electoral Central (en ) é un Órgano Superior da Administración Electoral de España. Forma parte das Xuntas Electorais Provinciais, das Xuntas Electorais de Zona e das Xuntas Electorais da Comunidade Autónoma, así como das Mesas Electorais, sendo a XEC o único órgano permanente. As demais son constituídas cando se convoca proceso electoral. Ten como función garantir a transparencia do proceso electoral e supervisar a actuación da Oficina do Censo Electoral.
Historia e características Ten sede en Madrid, segundo a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral XeralLey Orgánica 5/1985, de 19 de Junio, del régimen electoral general. en juntaelectoralcentral.es .. Está formada por oito vogais maxistrados do Tribunal Supremo de España e cinco vogais catedráticos de Dereito ou de Ciencias Políticas e de Socioloxía, en activo, o secretario xeral do Congreso dos Deputados como secretario, e o director da Oficina do Censo Electoral, este último, con voz, pero sen voto. Os seus acordos adoitan tomarse por unanimidade.
Funcións Entre as súas funcións están garantir que os partidos políticos e as administracións non empreguen recursos públicos para facer campaña electoral ou publicitar aos partidos que están a gobernar así como atender as denuncias que os distintos partidos políticos poidan presentar polo uso partidista de medios públicos. As súas deliberacións e indicacións son de obrigado cumprimento para as administracións e partidos políticos podendo sancionar o seu incumprimento e pedindo á fiscalía que emprenda accións legais contra os que non as acaten. Tamén pode a XEC dar ordes directas á Administración e ás forzas e corpos de seguridade do Estado.
Composición A actual xunta electoral central creouse o primeiro de outubro de 2017 tras meses de bloqueo e está formada por:
Presidencia Segundo Menéndez Pérez
Vicepresidencia Eduardo Calvo Rojas
Vogalías de maxistratura do Tribunal Supremo designadas polo Consello Superior do Poder Xudicial Luciano Varela Castro Luis Fernando de Castro Fernández María del Pilar Teso Gamella Francisco Javier de Mendoza Fernández Antonio Jesús Fonseca-Herrero Raimundo Ana María Ferrer García
Vogalías designadas polo Congreso dos Deputados Lourdes López Nieto Ángela Figueruelo Burrieza Andrés Betancor Rodríguez Carlos Vidal Prado Inés Olaizola Nogales
Secretaría Carlos Gutiérrez Vicén
Presidencia do INE e Dirección da Oficina do Censo Electoral Gregorio Izquierdo LlanesAdministración Electoral. Junta Electoral Central. Composición . (até o 22 de outubro de 2018) Juan Manuel Rodríguez Poo (Dende o 23 de outubro de 2018)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Eleccións en España