Paulo Londra, nado en Córdoba o 12 de abril de 1998, é un cantante arxentino de trap.

Traxectoria O seu interese polo hip hop comezou por unha recomendación da súa irmá da película 8 Mile, protagonizada por Eminem. Sobre a película, Londra comentou que Participaba en batallas de rap, e aos 15 anos concursaba en competicións de freestyle. Saltou á fama cando concursou na batalla do Quinto Chanzo, a cal gañou.

Carreira musical Iniciou a súa carreira musical en xaneiro de 2017 cando lanzou o seu primeiro sinxelo, «Relax», que logo duns meses estaba colocado como un hit arxentino do ano. Desde entón empezou a compor e continuou lanzando cancións. A pesar de que os seus inicios son similares a outros expoñentes urbanos, Londra, a diferenza doutros artistas, evita tocar temas como violencia, insultos ou drogas nas súas cancións.

Recibiu un contrato dunha discográfica multinacional, con todo, rexeitou a oferta. En outubro de 2017, viaxou a Colombia para traballar co produtor Ovy on the drums e a discográfica Big Ligas.

Participou en colaboracións xunto coa banda colombiana Piso 21 na canción «Te amo» e con Becky G en «Cuando te besé». Tamén recibiu eloxios por parte de personalidades como J Balvin.

É o terceiro artista arxentino en ingresar á lista de Billboard Social 50, logo de Lali Espósito e Martina Stoessel.

Notas

Categoría:Cantantes da Arxentina Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Córdoba, Arxentina Categoría:Rapeiros