Uranus é un EP en 7" da banda estadounidense de post-hardcore Shellac, publicado en outubro de 1993 a través do selo Touch and Go Records. Trátase da segunda gravación da banda e editouse só en vinilo. Crese que foi gravado ao mesmo tempo que o seu primeiro lanzamento, The Rude Gesture: A Pictorial History. Ao igual que no seu primeiro traballo, no libreto aparece a lista de micrófonos usados durante a gravación, detalles sobre a cinta de gravación e equipamento usado.
Listaxe de cancións Cara A "Doris"
Cara B "Wingwalker"
Categoría:EPs musicais de 1993 Categoría:EPs de Shellac Categoría:EPs de Touch and Go Records