Altai (en chinés 阿勒泰; en pinyin Ālètài; en uigur قۇمۇل / Altai; en kazako التاي Altaı / Алтай Altai) é unha cidade da Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang. É un distrito urbano, capital da prefectura de Altai.
Xeografía O municipio, situado a unha altitude de 887 msnm, ocupa unha superficie de 10 852,43 km2 A súa poboación no ano 2016 era de 199 037 habitantes, o que daba nese ano unha densidade de poboación de 17 hab./km2.
A poboación da súa área metropolitana era, en 1999, de 214 718 habitantes.
Clima As temperaturas medias da cidade de Altai varían desde aproximadamente -16,1 °C durante o mes máis frío a +22,0 °C durante o mes máis quente, cunha media anual de 4,3 °C (datos de 1991), e as precipitacións son de 175,3 mm (dato de 1990).
Cultura Do mesmo xeito que noutras cidades da Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang, hai moitas minorías en Altai, en particular uigures e kazakos.
Educación Nas escolas, aos estudantes se lles imparten as clases principalmente en chinés (mandarín), pero hai cursos para estudar as linguas uigur e kazaka.
Transportes Autoestrada 216 Autoestrada 217 Aeroporto de Altai Tren até Beitún, localidade que está a unha hora en coche da cidade de Altai.
Da cidade de Altai até Ürümqi (capital da rexión autónoma de Xinjiang), leva aproximadamente unha hora en avión, 9 horas en autobús diúrno, 12 horas en autobús nocturno e preto de 14 horas en tren (cara a Beitún).
Hai un voo diario da China Southern Airlines entre o aeroporto de Altai (código IATA: AAT) e a capital da rexión, Ürümqi.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Prefectura de Altai Xinjiang Ligazóns externas Place Names in Xinjiang - Pinyin Alphabetic Order - in Chinese Characters and Pinyin .
Categoría:Cidades da China