Proba-V (Proba-Vegetation) é un microsatélite lanzado pola ESA o 7 de maio de 2013 mediante un foguete Vega, o terceiro lanzado da serie PROBA (Project for On-Board Autonomy). A súa misión é mapear a superficie terrestre e o crecemento da vexetación cada dous días. A súa cámara recolle luz en tomas de 2250 km de largo en azul, vermello, infravermello próximo e infravermello intermedio cun tamaño de largo de píxel de 300 m nos laterais, e de 100 m na súa parte central.

VITO Remote Sensing, en Bélxica, procesa e distribúe os datos de Proba-V.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Proba-2 Vega Ligazóns externas Datos da misión proba nas páxinas da ESA. Galería de imaxes tomadas por Proba-V (as más relevantes) Novas sobre as misións Proba

Categoría:Satélites artificiais