Pescador de Islandia (en ) é unha novela do escritor francés Pierre Loti que foi orixinalmente publicada en 1886. Conta a romántica mais inevitablemente triste vida dun pescador bretón que navega cada verán até as costas de Islandia na busca de bacallau. O crítico literario Edmund Gosse considerouna a "máis popular e máis fina de tódalas obras de Loti".Encyclopædia Britannica Eleventh Edition, "Pierre Loti", de Edmund Gosse
O estilo de Loti é unha mestura da escola realista francesa, como a representada por Émile Zola, e unha forma de impresionismo literario.
Foi traducido ó galego por Xavier Senín e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2014.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1886 Categoría:Novelas en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego