Ipiales é un concello colombiano que se atopa no departamento de Nariño. Atópase sobre a fronteira con Ecuador; no Nó dos Pastos, no altiplano andino; relativamente preto da costa do océano Pacífico (aproximadamente a 5 horas en bus), ó pé de monte amazónico e á liña equinoccial; sendo unha rexión panamazónica.

A cidade e a municipalidade forman parte da conurbación binacional Tulcán-Ipiales onde viven 196.630 habitantes, aínda que estes datos poderían ser máis elevados xa que a cifra dada para o conello de Ipiales corresponde ó censo 2005 e a do cantón de Tulcán do censo 2010. Segundo estimacións para o 2012 a poboación de ambas as cidades aglomeradas é de ao redor de 260 000 de habitantes, e é por tanto a área metropolitana fronteiriza máis poboada da fronteira ecuatoriana e a segunda máis poboada de fronteiras colombianas; tendo Ipiales para o ano 2016 unha poboación estimada de 141 863 habitantes aproximadamente segundo as proxeccións do DANE.

Toponimia Ipiales, orixinalmente Piales, daquela Ipiales. O nome da cidade provén do cacicado Ipial, pertencente á etnia dos pastos. Á invasión dos incas a esta comarca, e posteriormente dos españois, que xa atoparon asentamentos organizados, susténtano os achados precolombinos, corroborándoo por escrito o cronista Pedro Cieza de León en 1545.A lectura coidadosa da voluminosa cerámica e ourivaría atopada nas tumbas funerarias, nos pictógrafos e petróglifos dos Pastos. Biblioteca Rexional, Museo do Ouro, Banco da República, Pasto; e coleccións particulares.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades de Colombia Categoría:Concellos de Nariño