miniatura|190px|Un ienisei-ostiak (keta) fotografado en 1913. Os ketas (en ruso Кеты, en keta Ostigan) son un pobo ieniseiano que habita en Siberia. Durante o imperio Ruso foron chamados ostiaks, sen diferencialos doutros pobos siberianos. Posteriormente coñecéronse como ostiaks ienisei porque vivían na conca media e inferior do río Ienisei no krai de Krasnoiarsk de Rusia.

Os modernos ketas vivían ao longo do tramo medio oriental do citado río antes de seren asimilados politicamente por Rusia entre os séculos XVII e XIX. Segundo o censo do ano 2010 había 1 220 ketas en Rusia.

Historia Crese que os keta son os únicos sobreviventes dun pobo nómade antigo que se cre que viviu orixinariamente en toda a zona central e meridional de Siberia. Na década de 1960 os yugh foron distinguidos como un grupo separado, aínda que similar. Os ketas de hoxe son descendentes das tribos de pescadores e cazadores da taiga da rexión do Ienisei, que adoptaron algunhas das formas culturais das tribos de fala keta orixinarios do sur de Siberia. As tribos máis antigas dedicáronse a cazar, pescar e incluso a gandaría nas zonas do norte.

Os ketas foron incorporados ao estado ruso no século XVII. Os seus esforzos para resistiren foron inútiles, xa que os rusos deportáronos a diferentes lugares para romperen a súa resistencia. Isto tamén separou o seu sistema social patriarcal estritamente organizado e o seu xeito de vida desintegrouse. O pobo keta tiña grandes débedas cos rusos. Algúns morreron de fame, outros de enfermidades introducidas de Europa. No século XIX, os ketas xa non podían sobrevivir sen o apoio alimentario do estado ruso.

No século XX, os soviéticos forzaron a colectivización dos ketas. Foron recoñecidos oficialmente como ketas (en lugar ienisei-ostiak) na década de 1930 cando a Unión Soviética comezou a aplicar a política de autodefinición con respecto aos pobos indíxenas. Con todo, as tradicións dos ketas seguiron a seren suprimidas, e desincentivouse a iniciativa propia. A colectivización completouse na década de 1950, sendo forzados os ketas a adoptaren o estilo de vida e a lingua rusa.

A poboación dos ketas mantívose relativamente estábel desde 1923. Segundo o censo de 2002, había 1 494 ketas en Rusia, comparados cos 1 200 no censo de 1970. Hoxe os ketas viven en pequenas aldeas ao longo das ribeiras do Ineisei, e xa non son nómades. Hai tamén un pequeno grupo de 37 ketas en Ucraína (censo de 2001).

Anuchin divide os ketas en tres tipos físicos: ario, turco e mixto; Sinel'nikov critica isto.Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. London: Routledge. ISBN 978-1-1368-3733-3, p. 263.

Lingua

O keto, anteriormente coñecido como ienisei ostiak,Bauer, Laurie (2007): The Linguistics Student's Handbook. Edimburgo: Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-2759-2. é unha lingua illada siberiana, a última supervivente da familia de linguas ieniseianas.

Houbo intentos por expertos soviéticos de estableceren unha relación entre a lingua keta e o burushaski, e mesmo coas linguas sino-tibetanas. Pero a maioría dos autores inclúeno na suposta familia das linguas dené-caucasianas.

Hoxe en día hai pouco máis de 200 falantes da lingua keta. Realizáronse esforzos para introducir a lingua nas gardarías e nos colexios. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta.Kryukova, Elena (2013): "The Ket Language: from descriptive linguistic to interdisciplinary research". Tomsk Journal of Linguistics & Anthropology 1: 39. A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües, polo que se teme que desapareza.

O número de compoñentes do pobo keta que teñen como lingua materna este idioma descendeu desde os 1 225 en 1926 até os 537 en 1989 e os 213 en 2010.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. Londres: Routledge. ISBN 978-1-1368-3740-1.

Outros artigos Lingua keta

Ligazóns externas

Yeniseian Peoples and Languages

Categoría:Pobo keta