Ignacio Pedro VI Xahbadin (en , "Irnatius Butrus Xahbadin"), finado o 4 de marzo de 1702 en Adana (Imperio Otomán), foi o segundo Patriarca de Antioquía e todo o Leste dos Siríacos . Traxectoria Logo do pasamento do patriarca Ignacio André Akhixan o 24 de xullo de 1677, foi sucedido polo bispo xacobita Masih, quen se fixo pasar por católico para obter o recoñecemento do sínodo e, posteriormente, do sultán otomán, como patriarca dos siríacos. Despois do seu recoñecemento, porén, adoptou unha postura abertamente contraria ao bando católico, polo que os católicos siríacos elixiron como patriarca ao bispo de Xerusalén, Pedro Xahbadin, sobriño de Masih e designado por Akhixan como o seu sucesor.

Xahbadin obtivo a confirmación do sultán e, posteriormente, do papa; porén, durante os anos seguintes houbo un conflito entre os dous bandos da Igrexa siríaca, entre os partidarios de Masih (e dos seus sucesores) e de Xahbadin, que provocou que Xahbadin fora deposto e reinstalado en varias ocasións. Finalmente, as autoridades otomás tomaron partido polo bando xacobita, e en 1702 Xahbadin foi arrestado, xunto a outros bispos e cregos, e deportado a Adana. O 4 de marzo foi convidado polo valí a tomar café, e á súa volta a prisión convulsionouse e pediu a un dos sacerdotes que escoitara a súa confesión, logo do cal finou, supostamente envelenado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1702