The Glow Pt. 2 é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock The Microphones, publicado o 25 de setembro de 2001 a través do selo K Records. Está considerado por moitos como o traballo definitivo de The Microphones. "The Glow" era o título do cuarto tema do anterior disco do grupo, It Was Hot, We Stayed in the Water. Unha reedición do álbum que incluía un disco extra foi publicado por K Records en 2008.
A portada de The Glow Pt. 2 procede dun antigo libro de cociña neerlandés titulado Calvé-Delft's Winterboekje, que foi impreso en 1933-1934.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Microphones Categoría:Álbums musicais de 2001 Categoría:Álbums de K Records