Abdelkader Bensalah (en ), nado en Fellaoucene (Alxeria francesa) o 24 de novembro de 1941 e finado en Alxer o 22 de setembro de 2021, foi un xornalista e político alxeriano. Membro da Agrupación Nacional para a Democracia (RND), preside dende 2002 o Consello da Nación, a cámara alta do Parlamento alxeriano. Dende o 2 de abril e o 19 de decembro de 2019 exerceu como presidente interino de Alxeria, en substitución de Abdelaziz Bouteflika.

Traxectoria Orixe e xuventude Abdelkader Bensalah naceu o 24 de novembro de 1941 en Fellaoucene, preto de Tlemcen.

Ingresou no Exército de Liberación Nacional (ALN) aos 18 anos.

Carreira profesional Xornalista de profesión, foi diretor do Centro alxeriano de información e cultura en Beirut, entre 1970 e 1974, e despois director xeral do diario en lingua árabe Ech Chaab entre 1974 e 1977.

Traxectoria política En 1977, foi elixido deputado da FLN da vilaia de Tlemcen. Posteriormente, seguiu unha carreira diplomática, sendo dende 1989 a 1993 embaixador de Alxeria no Reino de Arabia Saudita e na Organización da Conferencia Islámica. Foi director de información e voceiro do Ministerio de Asuntos Exteriores dende 1993 ata 1994.

Foi membro do Agrupación Nacional pola Democracia(RND), da que foi secretario xeral dende a súa fundación, en 1997 a 1998 e de 2013 a 2015.

Entre 1994 e 1997, presidiu o Consello Nacional de Transición , que era entón a única cámara parlamentaria do país. Ata 2002 foi presidente da Asemblea Nacional do Pobo, a cámara baixa do Parlamento alxeriano.

Dende xullo de 2002, ocupou o cargo de Presidente do Consello da Nación, a cámara alta do Parlamento. Alxeria: Bensalah foi nomeado para o Senado , Le Figaro , o 9 de xaneiro de 2013 Bensalah foi nomeado en xefe do Consello da Nación , El Watan , o 30 de xaneiro de 2019. O 30 de novembro de 2004, foi elixido presidente da Unión Parlamentaria Africana.

Moi achegado ao presidente Abdelaziz Bouteflika, realizou nos anos 2010 algunhas tarefas que este, enfermo, xa non podía realizar, como a recepción de líderes estranxeiros. Apoiou a candidatura de Bouteflika a un quinto mandato nas eleccións presidenciais de 2019. Despois da dimisión deste último, o 2 de abril de 2019, como consecuencia de grandes manifestacións contra a súa permanencia no poder, Abdelkader Bensalah asumiu a presidencia interina do país para un período de 90 días como indica a Constitución de Alxeria. Como presidente interino, tiña poderes reducidos e non se podía presentar ás eleccións presidenciais anticipadas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do Consello da Nación

Categoría:Nados en Alxeria Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Políticos de Alxeria