O corvo cincento ou corvo cinsentoDicionario Digalego cincento Corvus cornix, é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 46 actualmente recoñecidas dentro do xénero Corvus,Corvus Linnaeus 1758 en Familia Corvidae, na IOC World Bird List. Version 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.Corvus Linnaeus, 1758 no ITIS. propia da Europa occidental e da Asia oriental.
É tan semellante en morfoloxía e hábitos ao corvo pequeno (Corvus corone), que durante moitos anos a maioría das autoridades consideráronos como variedades xeográficas da mesma especie. Observouse, ademais, hibridación onde as súas áreas de distribución se solapan, engadido peso a este punto de vista. Porén, desde 2002, o corvo cincento foi elevado, de novo, ao estado de especie distinta despois dunha observación máis minuciosa; ademais da notábel diferenza da coloración da plumaxe, demostrouse a escasa viabilidade xenética dos híbridos. Véxase tamén: Jelmer Poelstra (3013): "The Genetics of Speciation and Colouration in Carrion and Hooded Crows".
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, nas páxinas 105-106 do volume primeiro da súa obra, co nome de Corvus cornix.páxinas 105-106 do Sys. Nat., nome que, a día de hoxe, se considera válido.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Corvus.
O epíteto específico, corone, Linneo tomouno do latín corone, que significa "choia", "gralla".
Sinonimia e nota taxonómica Ademais de polo nome que lle impuxo Linneo, e durante moitos anos, a especie foi coñecida como:Wikispecies.
Corvus corone cornix (unha subespecie de Corvus corone).
Subespecies A maioría dos autores recoñecen na especie as subespecies seguintes:Corvus cornix Linnaeus, 1758 no ITIS.
Corvus cornix Linnaeus, 1758 Corvus cornix capellanus P. L. Sclater, 1877 Corvus cornix cornix Linnaeus, 1758 Corvus cornix pallescens (Madarász, 1904) Corvus cornix sharpii Oates, 1889
Características Mide de 46 a 47 cm de lonxitude, e unha envergadura de 84 a 100 cm. É unha ave inconfundíbel pola coloración da súa plumaxe, coa rexión dorsal e as partes inferiores de cor gris cincenta, e a cabeza, a gorxa, as ás, a cola e as patas negras, o que a distingue da súa próxima parente a choia de bico negro. Ambos os sexos son similares.
Hábitat e distribución Habita en chairas arboradas abertas, páramos e zonas boscosas, arboredos de zonas agrícolas e mesmo en grandes parques de pequenas cidades.
De distribución paleártica, atópase en toda a Europa do norte, do leste e do sueste, Ruisa occidental, Turquía, así como noutras parte do Oriente Próximo.
Na Península Ibérica, antes de 1999, había unhas poucas citas no norte (Cataluña, Galicia, Asturias, Burgos) e en Portugal (nas proximidades de Porto e de Lisboa). De Juana (2006) presentou catro rexistros homologados polo Comité de Rarezas de SEO/BirdLife International, tres en Cataluña e un en Galicia, todos na primavera.
A partir de 2007 aumentaron as citas en Cataluña pero, especialmente desde 2013, iníciase un proceso continuo de expansión por toda a xeografía peninsular: Asturias, Cantabria, Galicia, Navarra, Castela e León, Madrid, Murcia, Andalucía, Illas Baleares, que culminou coa primeira nidificación segura en El Prat de Llobregat (Barcelona) en 2017.La expansión de la corneja cenicienta (Corvus cornix), una rareza en España en siguiendoaves.wordpress.com, 27 de marzo de 2018.
Bioloxía miniatura|240px|Picando nunha bolsa de lixo para remexer nela en busca de comida. miniatura|240px|Niño con ovos. Hábitos En costumes e hábitat aseméllase ao corvo pequeno. É unha ave tímida, e vixiante, na maioría dos países onde se acha, porque é perseguida, pero en zonas onde non se a molesta é atrevida. Ademais, pode verse en pobos e nas aforas de cidades non moi grandes.
Voo Voa baixo, e o seu voo parece apático, mesmo case descoidado, batendo as ás de xeito algo vacilante e sen graza, contrastando cos do corvo pequeno, máis resoltos e algo máis profundos. Ás veces voa a grande altura, en bandadas xeralmente laxas. Non adoita planar.
Alimentación Como outros córvidos, é omnívoro, e máis oportunista ca outras especies, roubando nos niños doutras aves, comendo refugallos (que mesmo busca nas bolsas de lixo), ovos, sementes, preas, insectos e outros invertebrados, en campos cultivados e costas mariñas (incluso apaña pequenos peixes, mexillóns e outros moluscos).
Reprodución Constrúe niños abertos, máis lixeiros que os do corvo pequeno, fabricados con paus e situados en gallas de árbores o grandes arbustos, xeralmente ben agochados. Nel a femia pon de catro a seis ovos en cada niñada, desde marzo a xullo.
En Galicia A presenza do corvo cincento en Galicia é accidental.
Status Segundo a UICN e máis o British Trust of Ornithology o estado de conservación da especie está cualificado como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2017): Corvus cornix na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultado o 12 de agosto de 2019.Hooded Crow Corvus cornix Linnaeus, 1758 en BTO. BirdFacts. Consultado o 12 de agosto de 2019.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bruun, Bertel e Arthur Singer (1971): Guía de las aves de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. De Juana, Eduardo (2006): Aves raras de España. Un catálogo de las especies de presentación ocasional. Bellaterra, Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-325-5. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía das aves de Galicia, 1ª edición. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-406-2. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (2004): Guía das aves de Galicia, 2ª edición. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-961p2-869-5. Svensson, Lars e Grant, Peter J. (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.
Outros artigos Córvidos Corvus
Ligazóns externas Vídeo dun corvo cincento en Varsovia intentando imitar a fala humana.
Categoría:Córvidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Aves de Galicia