Biscaia (en éuscaro e oficialmente: Bizkaia; en castelán: Vizcaya) é unha provincia de Euskadi, ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco. Dá nome ao golfo de Biscaia e sitúase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co mar Cantábrico, ao sueste coa provincia de Burgos, ao sur con Áraba, ao leste coa provincia de Guipúscoa e ao oeste con Cantabria. A súa capital é Bilbao.
A provincia esténdese por unha superficie de 2217 km², e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1 139 863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km².
Etimoloxía O termo Biscaia ten unha etimoloxía discutida. Para algúns significa cima, e sería un sinónimo da actual palabra vasca bizkar 'touticeira'.Auñamendi Eusko Entziklopedia - Etimoloxía No ano 1141 en referencia á cima do monte Igeldo de Donostia, aparece inscrito o seguinte topónimo: Iheldo Bizchaya (cima de Igeldo); tamén en Navarra, hai unha comarca denominada "A Biscaia", que pode significar "A cima". Propuxéronse tamén outras etimoloxías, como bits-kaia (porto de espuma), menos probables.
Poboación Segundo o censo INE 2007, Biscaia tiña 1 141 457 habitantes (denominados "biscaíños") e a súa densidade de poboación era de 514,1 hab/km, só superada por Madrid e Barcelona. Quinta provincia española por poboación en 1981, a pesar da crise demográfica que vén sufrindo desde a Transición é aínda a novena provincia española en número de habitantes. Debido a que desde principios dos 80 presentou un forte saldo migratorio negativo cara a outras rexións de España, contaba no 2005 tan só cun 3,19% de estranxeiros, cinco puntos e medio menos que a media nacional.
Concellos máis poboados(2010)Fonte: INE Instituto Nacional de Estadística (01-01-2010). Real Decreto 2124/2008, do 26 de decembro PosiciónConcelloPoboación1ªBilbao353.1872ªBarakaldo99.3213ªGetxo80.2774ªPortugalete47.8565ªSanturtzi47.0046ªBasauri42.4527ªLeioa29.2178ªSestao29.2249ªGaldakao29.25410ªDurango28.26111ªErandio24.29412ªAmorebieta-Etxano17.969 13ªBermeo17.02614ªMungia16.52715ªGernika-Lumo16.295
miniatura|300px|Museo Guggenheim de Bilbao
Notas
Biscaia, Provincia de Categoría:Biscaia