O Citizens Bank Park é un parque de béisbol situado no Complexo Deportivo South Philadelphia de Filadelfia, Pensilvania (Estados Unidos). É o estadio local dos Philadelphia Phillies, equipo da Major League Baseball (MLB). Inaugurado o 3 de abril de 2004, acolleu o seu primeiro partido oficial o 12 de abril do mesmo ano, no cal os Philleis perderon ante os Cincinnati Reds (4–1). O estadio foi construído para substituír o agora demolido Veterans Stadium, o cal podía albeergar tanto encontros de béisbol como de fútbol americano. Ten capacidade para 42.792 espectadores.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filadelfia Philadelphia Phillies

Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/phillies Citizens Bank Park Seating Chart

Categoría:Philadelphia Phillies Categoría:Estadios da MLB