miniatura|240px|Coloeus daauricus. Lámina na obra de Coenraad Jacob Temminck e Hermann Schlegel Fauna Japonica (1833-1850), baseada nas coleccións de Philipp Franz von Siebold (que editou o texto). miniatura|Ovos de Coloeus dauuricus. Coloeus dauuricus é unha especie de ave paseriformes da familia dos córvidos, unha das dúas que integran o xénero Coloeus.

Propia do Extremo Oriente (sueste de Siberia, sur de Mongolia e gran parte da China), está estreitamente relacionada coa outra especie do xénero, a gralla cereixeira (Coloeus monedula).

Durante moitos anos, e aínda hoxe para algúns, o xénero foi considerado como un subxénero de Corvus.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1776 polo médico, zoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia, Peter Simon Pallas. Corvus dauuricus Pallas, 1776 no GBIF.Coloeus dauuricus (Pallas, 1776) no ITIS.

Nota taxonómica Durante moitos anos Coloeus considerouse como un subxénero de Corvus, pero na actualidadese clasifícase como un xénero separado na familia dos córvidos.

Etimoloxía Para o xénero, véxase Coloeus

O epíteto específico, dauuricus, alude á antiga rexión na do imperio Ruso Dauria (en ruso Даурия, Dauriya), nome derivado do etnónimo dos nativos, os daures, e hoxe chamada Transbaikalia (en ruso Забайкалье, Zabaikalie), que é como se coñece á rexión montañosa localizada 'ao leste de', ou 'máis alá de' (trans) o lago Baikal.daurian jackdaw en Yourdictionary.

Distribución e hábitat Distribúese polo sueste de Siberia, o sur de Mongolia e gran parte da China. No norte da súa área de distribución migra cara ao sur durante o inverno. Esta ave é unha rara visitante durante o inverno en Corea e o Xapón, e unha vagabunda en Taiwán. Ademais, hai rexistros de avistamentos en Europa Occidental.

Habita en bosques abertos, vales fluviais, e montes e montañas.

Comportamento É unha especie sociábel que se encontra frecuentemente en grupos, en asociación con outros córvidos.

Alimentación Aliméntase de sementes, insectos, froitos, ovos e preas.

Outras grallas A outra especie do xénero Coloeus é Coloeus monedula, a gralla cereixeirea, de ampla distribución, desde o Norte de África até Siberia occidental, pasando por case toda Europa, Irán e o noroeste da India. Ambas as grallas formaron durante moito tempo o subxénero Coloeus.

Por outra parte, en Galicia algúns lle chaman gralla grande á especie Corvus frugilegus, que outros denominan gralla calva.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brazil, Mark (2009): Birds of East Asia. Londres, Reino Unido: Christopher Helm Publishers Ltd. ISBN 978-0-7136-7040-0. Madge, Steve & Burn, Hilary (2013): Crows and Jays: A Guide to the Crows, Jays and Magpies of the World. Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-5738-1. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía ds aves de Galicia. A Coruña: Bahia edicións. ISBN 84-8767-406-2.

Outros artigos Córvidos ''Coloeus

Categoría:Córvidos Categoría:Animais descritos en 1776 Categoría:Aves de Asia