Simindis k'undzuli (en ) é un filme de 2014 dirixido por Giorgi Ovashvili.

Sinopse As inundacións de primavera forman unha pequena illa con rico solo no medio do río Enguri, unha terra nova sen propietario. Un vello, axudado pola súa neta adolescente orfa, toma posesión da illa, constrúe unha sinxela cabana e planta millo. Son de etnia abkhaza e intercambian acenos con soldados xeorxianos que pasan. O vello agocha un soldado ferido que se refuxia na illa e protéxeo dos seus perseguidores durante un tempo. A finais do verán, as inundacións destrúen a illa.

Personaxes İlyas Salman como Home vello Mariam Buturishvili como rapaza

Estrea O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary en xullo de 2014,Release info on IMDb onde gañou o Globo de Cristal, así como o premio do Xurado Ecuménico.

Galardóns e nomeamentos Foi elixido como candidato xeorxiano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, conseguindo clasificarse na lista curta de xaneiro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Xeorxia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua xeorxiana Categoría:Filmes en lingua abkhaza Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Xeorxia Categoría:Filmes dirixidos por Giorgi Ovashvili Categoría:Filmes ambientados en Xeorxia