Detrás da máscara (en ) é unha novela escrita pola autora estadounidense Louisa May Alcott. A novela foi publicada orixinalmente en 1866 baixo o pseudónimo de A. M. Barnard en The Flag of Our Union. Ambientada na Gran Bretaña da época vitoriana, conta a historia de Jean Muir, a enganosa institutriz da rica familia Coventry. Cunha manipulación experta, Jean Muir obtén o amor, o respecto e a fortuna da familia Coventry.
Dende que foi publicada de novo por Madeleine B. Stern en 1975, a novela salienta entre as reintepretacións críticas da obra de Alcott pola súa importancia literaria. Existe unha visión crítica que considera a novela unha versión do tropo da "Bela e a Besta", mentres que outros críticos fan unha crítica feminista da narrativa.
Foi traducido ó galego por Antía Veres e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2017. A tradución foi galardoada co I Premio Realia de Tradución Literaria.Antía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución, nova recollida en Culturagalega.org o 20 de maio de 2017
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Obras literarias de 1866 Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Novelas ambientadas en Inglaterra