Unha muller perdida (en ) é unha novela escrita por Willa Cather que foi publicada no ano 1923. Conta a historia de Marian Forrester e do seu marido, o capitán Daniel Forrester, que viven en Sweet Water, unha localidade ficticia a carón do ferrocarril transcontinental.
Foi traducida ó galego por Antía Veres e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2018. A tradución foi gañadora do XVIII Premio Plácido Castro.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1923 Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego