A Feira Mundial do Diñeiro (en inglés: World Money Fair) é un encontro anual de carácter feiral onde comerciantes, coleccionistas numismáticos e público en xeral procedentes de todo o mundo comercian con moedas antigas e modernas, billetes e outro tipo de obxectos relacionados coa numismática.

Historia En 1970, Albert M. Beck, naquela época editor da revista Münzen-Revue, fundou en Múnic, Alemaña, a "Organización de Bolsas de Moedas Europeas" (Organisation Europäischer Münzen-Börsen -OEMB-), xunto cos promotores doutros sete eventos similares que se celebraban no continente, coa idea de constituíren un grande mercado internacional para o coleccionismo de moedas.

Dous anos despois, o 22 de xaneiro de 1972, tivo lugar en Basilea, Suíza, a primeira Bolsa Internacional de Moedas (Internationale Münzenbörse), evento que se repetiu nos anos seguintes en Berna, en Zúrich e noutras localidades, e que empezou a contar coa participación das casas de moeda europeas e internacionais, que aproveitan a ocasión para presentaren as súas novas emisións (a primeira en participar foi a canadense Royal Canadian Mint, en 1981).

Esta Bolsa foi o antecedente da posterior Feira Mundial de Moedas (World Money Fair), evento no que participan anualmente arredor de 50 países, con máis de 300 expositores e arredor de 13.000 visitantes e que, en 2006, a partir da súa celebración en Berlín, fixou o seu lugar de celebración nesa cidade alemá.

Ademais dos encontros comerciais, en cada edición da Feira Mundial do Diñeiro teñen lugar concursos, presentacións de moedas, exposicións temáticas e conferencias, así como a concesión do premio Vreneli ao mérito numismático, outorgado desde 1986 pola revista Münzen-Revue."The History Of The World Money Fair ". No sitio web da WMF."Program. 2019 ". No sitio web da WMF.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Albert M. Beck Premio Vreneli

Ligazóns externas

Sitio web da Word Money Fair

Categoría:Numismática Categoría:Feiras